Proxectos

MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA E XESTIÓN LOCAL PARA O EXERCICIO DO DEREITO Á EDUCACIÓN DOS/AS NENOS/AS E MOZOS/AS DE FAMILIAS INDÍXENAS E FAMILIAS CAMPESIÑAS NOS NÚCLEOS ESCOLARES IGUEMBE, ITY E LA TAPERA NO MUNICIPIO VILLA VACA GUZMÁN CHUQUISACA – BOLIVIA

Mellorar a calidade educativa do distrito de Vila Vaca Guzmán para a poboación dos grupos sociais guaraní e campesiñas, especialmente nenas e novas mulleres, reducindo as marxes de exclusión social e a disparidade de xénero no sector educativo no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM)

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
BOLIVIA
Zona de actuación: 
Chuquisaca (departamento)
Villa Vaca Guzmán (municipio)
Axentes: 
AXUDA EN ACCIÓN (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Fundación Intercultural Nor Sud

Código CRS: 
11220 - Educación primaria
Obxectivos: 

Garantir o exercicio do dereito á educación da poboación infantil e xuvenil especialmente nenas e as mozas de tres núcleos educativos (Iguembe, Ity e La Tapera) do municipio de Villa Vaca Guzmán a través do fortalecemento do acceso e permanencia escolar, o melloramento da calidade educativa e unha renovada capacidade de xestión de actores locais na educación.

Resultados e actividades: 

- Sensibilización da poboación sobre a importancia da educación intercultural bilingüe (EIB) e a inclusión das nenas e as mozas en idade escolar ao sistema educativo formal
- Construción de 10 aulas en tres unidades educativas (Ity, Iguembe, La Tapera)
- Talleres de capacitación sobre EIB e sexismo na educación a 45 membros de 15 xuntas escolares e a 19 líderes comunais
- Execución dun novo plan curricular en dos núcleos educativos
- Dúas feiras educativas en dereitos e deberes dos/as nenos/as
- Catro talleres de capacitación con xuntas escolares e dirixentes comunais sobre o dereito á educación
- Dúas campañas radiais de sensibilización dirixidas a padres e nais de familia
- Talleres de capacitación con xuntas escolares en roles, funcións e liderados

Poboación beneficiaria: 

4.201 persoas

Axudas: 

174076