Proxectos

PROGRAMA EDUCATIVO E ACCIÓNS DE SENSIBILIZACIÓN PARA UN CONSUMO CONSCIENTE E UNHA SOCIEDADE SUSTENTABLE

Concienciar á sociedade en xeral, e en particular á comunidade educativa, sobre a necesidade dun consumo responsable e das alternativas de comercio respectuosas coa dignidade humana e a conservación do medio ambiente

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
A COVA DA TERRA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Consolidar a oferta de formación e sensibilización a través do programa educativo sobre consumo responsable e comercio xusto, dirixido ao alumnado de primaria e secundaria e ao profesorado correspondente, nomeadamente nos centros do rural.
Crear conciencia na sociedade sobre os problemas medioambientais e sociais debidos as nosas pautas de consumo e favorecer un espazo de debate sobre o tema.

Resultados e actividades: 
  •  Reedición do material didáctico.
  • Elaboración dunha exposición sobre o café.
  • Visitas a centros educativos para presentación do programa e materiais.
  • Realización de obradoiros en educación primaria.
  • Realización de obradoiros en educación secundaria.
  • Ciclo de proxeccións-debate sobre ecoloxía.
  • Xornada de Xestión Forestal Sustentable.
  • II Semana da Sustentabilidade.
  • Difusión de exposicións propias e doutros colectivos.
Poboación beneficiaria: 

Alumnado e profesorado de educación primaria e secundaria de Galicia, con especial fincapé nos situados no medio rural, aproximadamente uns 700 beneficiarios directos de 100 centros educativos.
Xornadas e proxeccións dirixidas especialmente aos socios e voluntarios, tamén a profesionais do sector forestal, acadando uns 300 beneficiarios directos.

Axudas: 

10850