Proxectos

OLLADAS DESDE O GOLFO DE FONSECA, CENTROAMÉRICA

Contribuír ao recoñecemento da prioridade ambiental como clave para mellorar as condicións de vida das comunidades empobrecidas

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Concienciar tres sectores da poboación galega (administración, sociedade e ONGD) sobre a importancia da cooperación ambiental.

Resultados e actividades: 

- Planificación e visita da Asociación de Reporteiros Solidarios (AGARESO) ao Golfo de Fonseca para coñecer os proxectos que Amigos da Terra desenvolve en cooperación ambiental.
- Montaxe e realización dunha exposición fotográfica nas catro provincias, a través de paneis explicativos onde se reflicten os compoñentes dos proxectos de cooperación ambiental desenvolvidos por Amigos da Terra.
- Realización de charlas conxuntamente con AGARESO para expoñer os proxectos a través das vivencias das comunidades do Golfo de Fonseca.
- Realización de entrevistas cos diferentes actores que participan nos proxectos de Amigos da Terra no Golfo de Fonseca.
- Realización e distribución dun documental audiovisual onde queden reflectidos os logros acadados grazas á cooperación ambiental.
- Realización dunha reportaxe que se emitirá na televisión de Galicia.
- Elaboración dun blog na páxina de AGARESO onde se mostraran entrevistas e fotografías da experiencia vivida nos proxectos.
- Elaboración de notas de prensa que se emitirán a 10 medios como mínimo.
- Divulgacións radiofónicas das entrevistas realizadas no terreo, nas que se contarán as vivencias dos reporteiros cas comunidades do Golfo de Fonseca.
- Realización e distribución dun pequeno manual de uso práctico das principais ferramentas para implementar a prioridade ambiental.
- Realizar unhas xornadas de presentación dos resultados dos proxectos e dos medios utilizados dirixidos a ONGD.
- Realizar un documento que recolla os resultados da mellora das condicións de vida das poboacións beneficiarias dos proxectos ambientais de Amigos da Terra.
- Realizar un informe comparativo sobre as diferenzas nos resultados conseguidos en proxectos con ou sen prioridade ambiental. 

Poboación beneficiaria: 

Público directo:
Administracións públicas, como impulsoras e difusoras da importancia da integración da perspectiva medioambiental na cooperación enfocada neste caso cara a pesca artesanal con boas prácticas afíns co medio ambiente; polo menos 45 ONGD da Coordinadora Galega que realizan as súas actividades nalgunha das provincias de Galicia, confrarías de pescadores artesanais de Galicia, asociacións de veciños, centros escolares de bacharelato, centros culturais, etc.
Público indirecto:
Sociedade en xeral que escoite a radio, lea a prensa ou vexa a TVG, así como o conxunto de beneficiarios das distintas ONGD de Galicia. 

Axudas: 

18477