Escolas sen racismo, Escolas para a paz e o desenvolvemento (ESR-EpD). ACTÚA!: Fortalecendo as actitudes e capacidades xeradoras de conciencia crítica asociadas a procesos de cambio persoal que aumenten o compromiso social de comunidades escolares, universitarias, da base social de ACPP Galicia e sociedade civil galega.
O proxecto Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento (ESR-EpD) constitúe unha aposta integral pola formación en Educación para o Desenvolvemento e a Paz de maneira transversal e permanente. Desde ACPP-Galicia entendemos o ESR-EpD como un marco de actuación, unha forma de facer e de entender que require da participación de toda a comunidade educativa desde a educación infantil ata a universitaria, para acadar o propósito de crear unha sociedade máis xusta e solidaria.
O obxectivo xeral do actual ESR-EpD é o de contribuír ao fortalecemento da educación para a paz, o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia (ODS 4.7) a través do fortalecemento das actitudes e capacidades xeradoras de conciencia crítica asociadas a procesos de cambio persoal que aumenten o compromiso social de comunidades escolares, universitarias, da base social de ACPP Galicia e sociedade civil galega (obxectivo específico).
O ESR-EpD é un programa de educación para a cultura de paz entendendo a paz nun dobre sentido: a nivel global abordando de maneira directa o concepto de paz, Dereitos Humanos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS); por outra banda, a nivel local atallando a paz dende os contextos máis próximos, en concreto, a convivencia e o bo trato, especificamente nos centros escolares. Baixo esta premisa tamén se parte dunha visión da escola como máis alá da educación propiamente regrada, entendendoa dunha maneira ampla e integral polo que o programa permea en todos os niveis e ámbitos educativos: escolar regrada, universitaria, educación non regrada e educación social ou de sensibilización social.
Xeral: Contribuír ao fortalecemento da educación para a paz, o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia (ODS 4.7).
Específico: Fortalecer as actitudes e capacidades xeradoras de conciencia crítica asociadas a procesos de cambio persoal que aumenten o compromiso social de comunidades escolares, universitarias, da base social de ACPP Galicia e sociedade civil galega.
RE 1.1. Garantida a coordinación, seguimento, avaliación e fortalecemento metodolóxico do proxecto baixo criterios de rendición de contas, horizontalidade e ética dos coidados.
A.1.1.1. Realización da xestión, coordinación participada e seguimento continuado do proxecto (Mes 1 a 12).
A.1.1.2. Establecemento da Liña de Base (LdB) e realización da avaliación final externa (Mes 1 a 12).
A.1.1.3. Encontros da Equipa ESR: profesorado e asistencias técnicas (Mes 2 e 9).
A.1.1.4. Elaboración da guía metodolóxica "COÑECE-PENSA-ACTÚA: unha metodoloxía de educación transformadora para a paz" (Mes 3 a 8).
A.1.1.5. Formación en "ACTÚA: Narrativas Dixitais para a Paz e comunicación transformadora" (Mes 1 a 4).
RE 2.1. Fortalecida a sensibilidade, competencias e actitudes do alumnado e profesorado de 4 centros públicos de ensino en educación para a paz a través do emprego de ferramentas prácticas e metodoloxías transformadoras
A.2.1.1. Acompañamento ao profesorado participante no fortalecemento da transversalización dos enfoques de xénero e da educación para o desenvolvemento e a cidadanía global. (Mes 1 a 12).
A.2.1.2. Realización do obradoiro de presentación inicial "ACTÚA" (Mes 4 a 5).
A.2.1.3. Realización do obradoiro "ACTÚA na aula" (Mes 5 a 7).
A.2.1.4. Realización do obradoiro "ACTÚA no global" (Mes 5 a 7).
A.2.1.5. Realización do obradoiro "ACTÚA: no local" (Mes 5 a 7).
A.2.1.6. Conmemoración do Día Escolar da paz e a nonviolencia: 30 de xaneiro (Mes 5)
A.2.1.7. Realización dun Encontro Intercentros "COÑECE PENSA ACTÚA: por unha educación transformadora para a paz" (Mes 9 a 10).
RE 3.1. Potenciada a sensibilidade, competencias e actitudes da comunidade universitaria en materia de EpDCG, educación para a paz e cooperación ao desenvolvemento.
A.3.1.1. Acompañamento ao persoal docente universitario no fortalecemento da transversalización dos enfoques de xénero e da educación para o desenvolvemento e a cidadanía global (Mes 1 a 12).
A.3.1.2. Participación en catro procesos de formación universitaria co alumnado universitario vencellados á Cooperación para o Desenvolvemento e á Educación para a Transformación Social (Mes 2 a 9).
A.3.1.3. Colaboración co Grupo de Investigación universitaria ECIGAL (UDC) para a actualización do mapa de experiencias de educación para a cidadanía global (Mes 1 a 12).
A.3.1.4. Acompañamento a alumnado universitario para o desenvolvemento das prácticas curriculares preprofesionais (Mes 5 a 9).
RE 4.1. Promovida a visibilidade, a transferencia e a socialización das aprendizaxes, ferramentas e metodoloxías do proxecto para fomentar a reflexión crítica arredor da cultura de paz e cidadanía global.
A.4.1.1. Difusión da guía metodolóxica "COÑECE-PENSA-ACTÚA: unha metodoloxía de educación transformadora para a paz" (Mes 9 a 11).
A.4.1.2. Encontro coa comunidade profesional da orientación educativa para a presentación, transferencia e difusión do proxecto “COÑECE-PENSA-ACTÚA”. (Mes 9 a 11).
A.4.1.3. Presentación e difusión de recursos e ferramentas educativas de ACPP para o traballo coa comunidade educativa (Mes 8 a 12).
A.4.1.4. Participación activa en espazos estratéxicos para fortalecer alianzas e o traballo en rede (Mes 1 a 12).
A.4.1.5. Desenvolvemento do proceso participativo de escoita "ACTÚA pola Paz" coa comunidade vinculada ao proxecto (Mes 1 a 10).
RE 5.1. Mellorada a comunicación transformadora do proxecto e reforzadas as capacidades de participación, incidencia e actuación colectiva para a promoción dunha cidadanía global crítica e comprometida cos ODS.
A.5.1.1. Desenvolvemento do proceso participativo de escoita "ACTÚA pola Paz" coa comunidade vinculada ao proxecto (Mes 1 a 10).
A.5.1.2. Sistematización e identificación de propostas e oportunidades derivadas do proceso participativo "ACTÚA pola Paz" (Mes 10 a 11).
A.5.1.3. Realización do Encontro participativo "ACTÚA pola Paz" coa comunidade vinculada ao proxecto (Mes 11 a 12).
A.5.1.4. Desenvolvemento de espazos de reflexión e diálogo "Voces para a Paz" sobre cultura de paz, feminismos e cidadanía global (Mes 1 a 12).
A.5.1.5. Deseño e implementación da campaña de comunicación "ACTÚA pola Paz: construíndo cultura de paz cara ao 2030" baseado nos ODS (Mes 1 a 12)
Directa: 495 persoas (111 homes, 123 mulleres, 149 nenos e 112 nenas)
Indirecta: 1000 persoas (300 homes, 300 mulleres, 200 nenos e 200 nenas)
Xunta de Galicia: 37.000 € (14.800 € en 2026 e 22.200 € en 2027)