Proxectos

Escolas sen racismo, Escolas para a paz e o desenvolvemento (ESR-EpD). PENSA!: Fortalecendo as actitudes e capacidades xeradoras de conciencia crítica asociadas a procesos de cambio persoal que aumenten o compromiso social de comunidades escolares, universitarias, da base social de ACPP Galicia e sociedade civil galega.

O proxecto Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento (ESR-EpD) constitúe unha aposta integral pola formación en Educación para o Desenvolvemento e a Paz de maneira transversal e permanente. Desde ACPP-Galicia entendese o ESR-EpD como un marco de actuación, unha forma de facer e de entender que require da participación de toda a comunidade educativa desde a educación infantil ata a universitaria, para acadar o propósito de crear unha sociedade máis xusta e solidaria.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao fortalecemento da educación para a paz, o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia (ODS 4.7).

Específico: Fortalecer as actitudes e capacidades xeradoras de conciencia crítica asociadas a procesos de cambio persoal que aumenten o compromiso social de comunidades escolares, universitarias, da base social de ACPP Galicia e sociedade civil galega.

Resultados e actividades: 

RE 1.1.- Garantida a adecuada implementación, seguimento, coordinación e análise do proxecto de acordo con criterios de rendición de contas e sustentabilidade baixo un enfoque de horizontalidade e ética dos coidados.

A.1.1.1. Realización da xestión, coordinación participada e seguimento continuado do proxecto.
A.1.1.2. Establecemento da Liña de Base (LdB) e realización da avaliación final externa.
A.1.1.3. Encontros da Equipa ESR: profesorado e asistencias técnicas.        
A.1.1.4. Encontro estatal ESR.       
A.1.1.5. Actualización do recurso didáctico de ACPP "En busca do desenvolvemento".

RE 1.2.- Fortalecida a sensibilidade, competencias e actitudes do alumnado e profesorado de 4 centros públicos de ensino en educación para a paz a través do emprego ferramentas prácticas e metodoloxías transformadoras.

A.1.2.1. Acompañamento ao profesorado participante no fortalecemento da transversalización dos enfoques de xénero e da educación para o desenvolvemento e a cidadanía global.
A.1.2.2. Realización do obradoiro inicial dinamizado por ACPP "Pensa".        
A.1.2.3. Realización do obradoiro "Mobilizando o corpo, mobilizando a cabeza".         
A.1.2.4. Realización do obradoiro "As normas da aula facémolas nós".          
A.1.2.5. Conmemoración do Día Escolar da paz e a nonviolencia: 30 de xaneiro a través da dinamización do xogo "En busca do Desenvolvemento”.

RE 1.3.- Fortalecida a sensibilidade, competencias e actitudes do alumnado universitario en educación para a paz e cooperación ao desenvolvemento

A.1.3.1. Participación en dous procesos de formación universitaria vencellados á Cooperación para o Desenvolvemento e a Educación para a Transformación Social.        
A.1.3.2. Dinamización do xogo "En busca do Desenvolvemento" en dous contextos universitarios.
A.1.3.3. Colaboración co Grupo de Investigación universitaria ECIGAL (UDC) para a actualización do mapa de experiencias de educación para a cidadanía global.  
A.1.3.4. Acompañamento a alumnado de Educación Social para o desenvolvemento das prácticas curriculares preprofesionais.

RE 1.4.-Promovida a reflexión crítica e aprendizaxes significativas sobre a educación para a paz e a cidadanía global que aumente o compromiso social a través do emprego ferramentas prácticas e metodoloxías transformadoras asociadas a procesos de cambio persoal.

A.1.4.1. Encontro da base social de ACPP Galicia.
A.1.4.2. Formación en cultura de paz.
A.1.4.3. Actividades de sensibilización en materia de cultura de paz.
A.1.4.4. Experiencia práctica e inmersiva en cultura de paz.

RE 1.5. Mellorada a visibilidade do proxecto e a súa contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

A.1.5.1. Fortalecemento da Comunicación para o Desenvolvemento do ESR Galicia e difusión dos ODS: plan de comunicación.
A.1.5.2. Realización do ciclo de conferencias online “Voces para a Paz” e da sesión presencial "Voces feministas para a paz".
A.1.5.3. Promoción e participación no Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global.
A.1.5.4. Participación activa en espazos estratéxicos para fortalecer alianzas e o traballo en rede.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 361 (32 homes, 64 mulleres, 150 nenos e 115 nenas)

Indirecta: 1400 (700 homes/nenos e 700 mulleres/nenas)

Axudas: 

37.000,00 € (14.800,00 € en 2025 e 22.200,00 € en 2026)