Proxectos

ESCOLAS SEN RACISMO: ESCOLAS PARA A PAZ E O DESENVOLVEMENTO; UNHA FERRAMENTA DE FORTALECEMENTO DA ASAMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ

Contribuír a mellorar a posición da Asamblea de Cooperación pola Paz en Galicia, a través da sensibilización e da educación para o desenvolvemento como piares fundamentais do seu fortalecemento

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Obxectivos: 

Dotar aos equipos docentes, así como ao conxunto de axentes que forman a comunidade educativa de ferramentas, formación e materiais para o traballo de educación en valores e a educación para a paz e o desenvolvemento. Reforzar a área de educación ao desenvolvemento da ACPP Galicia con 10  novos centros da Rede de Escolas sen Racismo 

Resultados e actividades: 

-  Realización de xuntanzas de presentación e seguimento cos equipos docentes, autoridades municipais e ANPAS, nos 10 centros de ensino, durante os tres primeiros meses de proxecto
-  Exposición circuito “Mira Ti”. Esta exposición está integrada por pequenos cartaces divididos en temas que se distribúen por clase
-  Realización da actividade “De profesión cidadáns”, fundamentada nunha caixa didáctica composta por cinco módulos temáticos relacionados con: Dereitos Humanos, muller, inmigrantes, poboación refuxiada...)
-  Teatro forum. Consiste nun xogo teatral no cal se expón un problema non resolto, ou resolto insatisfactoriamente, pedindóselle ás persoas asistentes que propoñan solucións e que as representen, ocupando o papel do protagonista na obra.
Manifesto escolas sen racismo. O manifesto Escolas Sen Racismo presenta os principios que a Rede de Centros de ESR entende que debe cumprirse nunha escola libre de actitudes xenófobas ou racistas

Axudas: 

9608