Establecer á ONGD como referente da CpD en Galicia e aumentar a súa capacidade de obtención de fontes de recursos diversos
Este é o terceiro proxecto de fortalecemento de Agaresoi co que pretenden especializar aínda máis o seu traballo, afondando na formación sobre Comunicación ao Desenvolvemento e fortalecendo as capacidades da organización para levar a cabo este tipo de proxectos, ao mesmo tempo que compensan o esforzo do voluntariado satisfacendo unha das súas demandas de capacitación.
Con este proxecto a organización busca sostenibilidade enfocándose na diversificación de fontes de financiamento e procurando estratexias e alternativas que poidan ofrecer recursos propios e estables.
Ao mesmo tempo Agareso pretende crear canles de colaboración e fomentar sinerxías con outras ONGD e entidades do eido social para poder realizar proxectos xuntos e mellorar os procesos de comunicación.
Obxectivo Xeral: Consolidación da Comunicación para o Desenvolvemento como compoñente relevante dos proxectos de cooperación galegos.
Obxectivo Específico: Establecer á organización como referente da Comunicación para o Desenvolvemento en Galicia e aumentar a súa capacidade de obtención de fontes de financiamento diversas.
Resultado 1.1: Ao mes 13, Agareso contribúe a situar a Comunicación para o Desenvolvemento como un elemento relevante da cooperación a través da formación e sensibilización do sector galego de ONGD.
Actividades
A1.1.1: Deseño e execución do encontro con ONGD sobre a importancia da Comunicación na Sostenibilidade das ONGD e nos proxectos de Desenvolvemento
A1.1.3: Elaboración dunha guía dixital co material do curso de CpD
Resultado 1.2: Ao mes 14, ampliada a capacidade de diversificación de fontes de financiamento da organización a través da elaboración dunha estratexia específica de comunicación e a formación do equipo técnico
Actividades
A1.2.1: Elaboración dunha estratexia específica que procure a diversificación de fontes de financiamento e a obtención de recursos propios
A1.2.2: Elaboración e presentación dunha exposición fotográfica sobre os 6 anos de vida da organización
A1.2.3: Gravación, edición e presentación dun audiovisual sobre o traballo da organización
A1.2.4: Formación do persoal técnico e integrantes da Xunta Directiva en Diversificación de Recursos para ONGD e Crownfunding
24.025 €; 9.610 € (2014), 14.415 € (2015)