ESTUDO DE VIABILIDADE PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA PLANTA DE RESIDUOS DA CONSTRUCIÓN E DEMOLICIÓN NA HABANA. CUBA
Xestión ambiental mellorada, para o tratamento dos residuos da construción e demolición coa incorporación de novos produtos que sexan compatibles cos escasos recursos naturais existentes e que fortalezan o sector da construción na República de Cuba
Oficina Nacional de Normalización (ONN) (Organismo gobernamental)
Realización dun estudo de análise da viabilidade da construción dunha planta de tratamento de residuos da construción e demolición na Habana. Atopar vías de financiamento para a instalación e o mantemento da planta de tratamento de residuos da construción e derrubamento
Análise situación de partida. Estudo de alternativas estratéxicas. Anteproxecto da estratexia definida. Análise económica-financeira. Análise de posibles entidades fondos de investimento e presentación de resultados do estudo.
A poboación beneficiaria directa do presente proxecto son todos os membros integrantes do Ministerio da Construción da República de Cuba ( MICONS), dado que estudará a viabilidade para a obtención de áridos, recurso escaso en Cuba, o que favorecerá o desenvolvemento do sector. Producirase unha importante transferencia de coñecementos ao persoal desta organización, que xestiona todas as políticas e estratexias sectoriais da construción do país
35014