Proxectos

Estudo do PDOT da zona 6 de planificación en Ecuador: aprendendo leccións para a cooperación internacional.

A tese do proxecto é que os problemas ambientais, de vivenda, de servizos insuficientes, de dependencia económica, etc. son problemas territoriais. Por tanto, a xeración de coñecemento en Ordenación Territorial (OT) é unha maneira eficaz de enfrontarse a eles e resolvelos.
Ecuador está a tratar de facer fronte a estas problemáticas con políticas de OT, polo que representa un campo de estudo para facer investigación sobre novos paradigmas de cooperación internacional para o desenvolvemento.
O proxecto traducirase na elaboración de 2 artigos de investigación e un Informe para a Cooperación Galega que inclúa leccións aprendidas e recomendacións de utilidade para a mellora das intervencións de loita contra a pobreza e, tamén aspira a que algunhas das recomendacións incluídas no Informe sexan acollidas favorablemente polo sistema galego de cooperación ao desenvolvemento e que se promovan cambios nas modalidades e instrumentos de axuda vixentes.

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria de investigación para o desenvolvemento
Rexión: 
América do Sur
País: 
ESPAÑA
ECUADOR
Zona de actuación: 
Morona-Santiago
Galicia
Cañar
Azuay (provincia)
Axentes: 
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Código CRS: 
43082 - Institucións científicas e de investigación
Obxectivos: 

 
O obxectivo do proxecto é extraer leccións e elaborar recomendacións para a mellora das intervencións da Cooperación Galega a partir da análise dos Plans de Desenvolvemento e Ordenación Territorial (PDOT) da zona 6 de planificación do Ecuador (provincias de Cañar, Azuay e Morona-Santiago).
 

Axudas: 

29.885 € (2014:14.942,50 € ; 2015: 14.942,50€)