Proxectos

#EuNonSonFake: Mocidade de Galicia e Guatemala impulsando narrativas transformadoras fronte aos discursos de odio e a desinformación (Fase II).

O proxecto “#EuNonSonFake: Mocidade de Galicia e Guatemala impulsando narrativas transformadoras fronte aos discursos de odio e á desinformación (Fase II)” dá continuidade ao proceso socioeducativo iniciado por Fundación Entreculturas no marco da Rede Solidaria da Mocidade (RSM) “Mensaxes que transforman: Mocidade de Galicia e Guatemala crean unha campaña de educación e comunicación conxunta para a promoción dunha cidadanía global crítica e activa ante as inxustizas.”, proxecto de participación xuvenil presente en Galicia no curso 2025/2026. A proposta responde ás necesidades identificadas durante a Fase I e, especialmente, no diagnóstico participativo realizado coas persoas mozas: consolidar espazos estables de participación e toma de decisións; afondar en capacidades de análise crítica e alfabetización mediática; avanzar desde a creación de contidos ata a súa difusión; fortalecer habilidades de liderado, dinamización, portavocía e incidencia; ampliar o diálogo con outros actores; e afondar nos intercambios internacionais como espazos de aprendizaxe colaborativa.

Ano: 
2026
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Guatemala
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
15150 - A participación democrática e a sociedade civil
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao fortalecemento dunha cidadanía global crítica, participativa e comprometida coa loita contra a desinformación e os discursos de odio, a través do liderado de mozos e mozas de Galicia e Guatemala en procesos de comunicación para a transformación social.

Específico: Fortalecer as capacidades de liderado, participación e comunicación transformadora da Mocidade da Rede Solidaria da Mocidade de Galicia e da Red Generación 21+ de Fe y Alegría Guatemala para a creación e promoción de novas narrativas transformadoras contra os discursos de odio e a desinformación a través da Campaña #EuNonSonFake.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Consolidadas as capacidades de participación e comunicación para a transformación social da Mocidade mediante o deseño colaborativo da campaña #EuNonSonFake, a partir dun proceso de análise crítica, creación de narrativas transformadoras e planificación estratéxica da difusión.

A.1.1.1. Celebración dun Encontro inicial de mozos e mozas para a socialización de aprendizaxes da Fase I e a planificación participativa da Fase II da campaña #EuNonSonFake.

A.1.1.2. Desenvolvemento de laboratorios de cocreación cos grupos participantes para a análise crítica de narrativas, a construción de mensaxes transformadoras e o deseño das accións de sensibilización, mobilización, incidencia e comunicación da campaña #EuNonSonFake.

A.1.1.3. Sesións grupais para o deseño do Plan de Comunicación e da estratexia de difusión da campaña #EuNonSonFake.

RE 2.1. Reforzadas as capacidades de liderado da mocidade mediante o desenvolvemento de accións de sensibilización, mobilización, incidencia política e difusión no marco da campaña #EuNonSonFake, que fortalecen o seu papel como axentes de transformación social.

A.2.1.1. Implementación de 8 accións de sensibilización e mobilización lideradas polas mozas e mozos como parte da campaña #EuNonSonFake.

A.2.1.2. Realización dunha acción de incidencia política e diálogo multiactor liderada polas mozas e mozos con administracións públicas, axentes educativos e entidades sociais para a presentación e difusión das mensaxes e peticións resultado da campaña #EuNonSonFake.

A.2.1.3. Implementación da estratexia dixital e dinamización da campaña #EuNonSonFake nas redes a través da creación, publicación de contidos e materiais multimedia por parte das mozas e mozos participantes.

RE 3.1. Fortalecida a cooperación entre a Rede Solidaria da Mocidade en Galicia e a Red Generación 21+ en Guatemala mediante procesos de intercambio, aprendizaxe mutua, acción conxunta e avaliación participativa para a promoción de narrativas transformadoras fronte á desinformación e os discursos de odio.

A.3.1.1. Desenvolvemento de dous espazos virtuais de diálogo intercultural, intercambio e aprendizaxe mutua entre mozas e mozos de Galicia e Guatemala para analizar conxuntamente as súas realidades, comprender as interdependencias entre ambos os contextos e cocrear contidos que fortalezan a campaña #EuNonSonFake.

A.3.1.2. Celebración dun encontro presencial en Guatemala para fortalecer o traballo colaborativo entre mozas e mozos de Galicia e Guatemala mediante o intercambio de experiencias, a implementación conxunta de accións da campaña #EuNonSonFake e o desenvolvemento de capacidades de liderado, comunicación e incidencia para a promoción dos dereitos humanos, a cidadanía global e a transformación social.

A.3.1.3. Difusión nas redes sociais internacionais das aprendizaxes e resultados acadados durante a implementación da campaña #EuNonSonFake.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 274 persoas (4 homes, 10 mulleres, 92 nenos y 168 nenas).

Indirecta: 5.000 persoas (2.515 homes y 2.485 mulleres).

Axudas: 

Xunta de Galicia: 37.000 € ( 14.800,00€ en 2026 e 22.200,00€ en 2027).