Fame Cero: Formación, participación e mobilización educativa polo dereito humano á alimentación no marco dos ODS. Fase II
Este proxecto desenvolve a Fase 2 dunha intervención trienal (2018-2021) en Educación para o Desenvolvemento (EpD) e a Cidadanía Global promovida por Manos Unidas (MU) en Galicia nas dimensións de sensibilización, formación, educación e mobilización social polo dereito humano á alimentación no marco do ODS 2 “Fame cero”.
Adecúase aos intereses identificados dos colectivos participantes e prestará unha atención específica aos centros educativos de zonas rurais, de menos de 50.000 habitantes ou centros educativos urbanos que estean situados en zonas de risco de exclusión social. Como novidade, este curso 2019/2020 incorporarase un centro de educación especial (Príncipe Felipe de Santiago de Compostela).
Obxectivo xeral: Construír unha cidadanía global crítica e comprometida coa transformación social, a solidariedade e o desenvolvemento humano sostible no marco da loita contra a fame e a promoción da realización do Dereito Humano á Alimentación.
Obxectivo específico: Promovidos entre a cidadanía e a comunidade educativa galega valores, hábitos, actitudes e estilos de vida máis solidarios e sustentables no marco do ODS 2 “Fame Cero”.
RE 1.1: Alumnado e profesorado de 13 centros de educación primaria, secundaria, 5 IES e 4 grupos de catequese parroquial exercen a competencia global para unha vida solidaria e sostible no marco do dereito humano á alimentación e os ODS 2, 5, 12 e 13 no curso 2019/2020.
A 1.1.1: Constituír a Rede Educativa polo Dereito á Alimentación (REDA).
A 1.1.2: Celebrar o Encontro fin de curso da Rede Educativa polo Dereito á Alimentación (REDA).
A 1.1.3: Curso de Formación de Formadores en Técnicas de Cultivo Ecolóxico para o profesorado de 7 centros de educación primaria.
A 1.1.4: Organizar e crear 6 hortos ecodidácticos en 6 centros de educación primaria.
A 1.1.5: Impartir 24 obradoiros de formación en 6 centros de educación primaria para a creación dos hortos ecodidácticos.
A 1.1.6: Impartir 52 obradoiros sobre comercio xusto e consumo responsable en 13 centros educativos de primaria e secundaria.
A 1.1.7: Realizar 6 sesións de contacontos nos 6 centros educativos de primaria participantes nos hortos ecodidácticos.
A 1.1.8: Difundir e celebrar a XII edición do Concurso de Clipmetraxes entre centros educativos de primaria e secundaria.
A 1.1.9: Impartir 10 obradoiros de sensibilización e formación en narrativas e técnicas audiovisuais dixitais en 5 centros educativos de secundaria (IES) participantes no concurso de Clipmetraxes para o uso das novas tecnoloxías como ferramenta de Sensibilización e Transformación Social.
A 1.1.10: Realizar 4 sesións de contacontos en 4 grupos de catequese parroquial.
RE 1.2: Alumnado universitario accede a espazos de formación e sensibilización crítica sobre o dereito humano á alimentación, os ODS 2, 5, 12 e 13, e os problemas globais de desenvolvemento no curso 2019/2020.
A 1.2.1: Organizar, difundir e celebrar o Curso de Verán dentro da Universidade de Verán da Universidade de Santiago de Compostela sobre o Dereito Humano á Alimentación (ODS 2) e os ODS.
A 1.2.2: Organizar, crear, difundir e celebrar a I Escola de Voluntariado Xuvenil sobre os ODS e os Dereitos Humanos.
RE1.3: Manos Unidas en Galicia fortalece a súa área de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global.
A 1.3.1: Elaboración de Estratexia de EpD de Manos Unidas en Galicia.
A 1.3.2: Realizar unha avaliación final externa participativa do proxecto.
Directa: Un total de 4.925 persoas, conformada por profesorado, alumnado adulto e menores das actividades formativas e de voluntariado.
Indirecta: Un total de 17.504 persoas, entre profesorado, alumnado adulto e menores das actividades formativas e voluntariado.
Axuda Xunta de Galicia: 35.000 € (2019:14.000 €; 2020:21.000 €)