Proxectos

Fame Cero: sensibilización cidadá, e formación, participación e mobilización educativa cunha visión integradora dos ODS

Este proxecto desenvolve a Fase 1 dunha intervención trienal (2022-2025) en Educación para o Desenvolvemento (EpD) e a Cidadanía Global promovida por Mans Unidas (MU) en Galicia nas dimensións de sensibilización, formación e educación, e mobilización social polo dereito humano á alimentación no marco do ODS 2 “Fame cero”. O proxecto presenta un dobre curso de acción: unha proposta educativa transformadora ao abeiro da Campaña trienal contra a Fame de MU, no marco do ODS 2 e o dereito humano á alimentación, e con base na experiencia previa de MU en EpD; e un sistema de xestión do coñecemento, mellora, seguimento  e avaliación do proxecto¸ que permitirá o reforzamento das capacidades técnicas e de sistematización das experiencias de traballo da área de EpD de Mans Unidas en Galicia

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
MANS UNIDAS
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Construír unha cidadanía global crítica e comprometida coa transformación social, a solidariedade e o desenvolvemento humano sostible no marco da loita contra a fame e a promoción da realización do Dereito Humano á Alimentación.

Específico: Promovidos entre a cidadanía e a comunidade educativa galega valores (infantil, primaria, secundaria e Universitaria), hábitos, actitudes e estilos de vida máis solidarios e sustentables no marco do ODS 2 “Fame Cero” cunha visión integradora da Axenda 2030.

Resultados e actividades: 

R.1. Alumnado e profesorado de 10 centros de educación primaria exercen a competencia global para unha vida solidaria e sostible no marco do dereito humano á alimentación, o ODS 2 e a súa integración coa Axenda 2030, no curso 2022/2023

A.1.1. Organizar e crear 10 hortos ecodidácticos en 10 centros de educación primaria

A.1.2. Impartir 60 obradoiros de formación en 10 centros de educación primaria para a creación dos hortos ecodidácticos

A.1.3. Acompañamento ao profesorado xestor das hortas ecodidácticas de 10 centros de educación

A.1.4. Edición da guía didáctica do Xogo da horta

A.1.5. Impartir 10 sesións de formación ao profesorado sobre o Xogo da Horta e a súa guía didáctica

A.1.6. Impartir 30 obradoiros de consumo responsable nos 10 centros de educación primaria participantes nos hortos ecodidácticos

R.2. Alumnado e profesorado de 4 centros de educación secundaria exercen a competencia global para unha vida solidaria e sostible no marco do dereito humano á alimentación, o ODS 2 e a súa integración coa Axenda 2030, no curso 2022/2023

A.2.1. Edición da guía didáctica O Cubo dos ODS

A.2.2. Impartir 4 sesións de formación ao profesorado sobre “O Cubo dos ODS”

A.2.3. Impartir Sesións Iniciais: Introdución aos ODS e Emoción e Solidariedade do programa “o Cubo dos ODS”.

A.2.4. Acompañamento ao profesorado do programa o Cubo dos ODS

A.2.5. Impartir 12 sesión do xogo scape Rematemos coa fame

R.3. Alumnado universitario accede a espazos de formación e sensibilización crítica sobre o dereito humano á alimentación, o ODS 2,  e a súa integración coa Axenda 2030 e os problemas globais de desenvolvemento no curso 2022/2023.

A.3.1. Organizar, difundir e celebrar o Curso de Verán dentro da Universidade de Verán da Universidade de Santiago de Compostela sobre o Dereito Humano á Alimentación (ODS 2) e a Axenda 2030

A.3.2. Organizar, crear, difundir e celebrar a IV Escola de Voluntariado Xuvenil de Mans Unidas.

R.4. Manos Unidas en Galicia conta con un plan de mellora e implementa un sistema de xestión do coñecemento, seguimento  e avaliación do proxecto.

A.4.1. Realizar a liña de base para a medición do impacto da intervención

A.4.2.  Realización dunha avaliación final externa participativa do proxecto

A.4.3. Elaborar un Plan de Mellora da Área de Educación para o Desenvolvemento en Galicia.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.035 persoas, das cales 41 son homes, 100 mulleres, 453 nenos e 441 nenas. (Profesorado e alumnado de Infantil e Primaria, Secundaria, alumnado universitario, mozos e mozas ata 35 anos).

Indirecta: 4.695 persoas, das cales 145 son homes, 319 mulleres, 2.108 nenos e 2.123 nenas. (Profesorado e alumnado de Infantil e Primaria, Secundaria, alumnado universitario, mozos e mozas ata 35 anos)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

35.000 € (14.000 € en 2022 e 21.000 € en 2023)