Proxectos

Fame Cero: sensibilización cidadá, e formación, participación e mobilización educativa cunha visión integradora dos ODS Fase II

Este proxecto desenvolve a Fase 2 dunha intervención trienal (2022-2025) en Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global promovida por Mans Unidas en Galicia nas dimensións de sensibilización, formación e educación, e mobilización social polo dereito humano á alimentación no marco do ODS 2 “Fame cero”. O proxecto afrontará a actual situación de vulneración do dereito á alimentación que fundamenta o ODS 2 e promoverá  entre a cidadanía e a comunidade educativa galega valores, hábitos, actitudes e estilos de vida máis solidarios e sustentables.

As actividades  desenvolveranse entre setembro de 2023 e agosto de 2024, xa que o proxecto prevé actividades de sensibilización e de formación e mobilización no eido educativo formal de primaria, secundaria e universitario: para elo, contarase coa participación de 4 centros educativos de infantil e primaria, 2 de secundaria e 2 centros integrados. Contarase ademais coa colaboración da Asociación Raíña Paraíso e da Universidade de Santiago de Compostela.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
MANS UNIDAS
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Construír unha cidadanía global crítica e comprometida coa transformación social, a solidariedade e o desenvolvemento humano sostible no marco da loita contra a fame e a promoción da realización do Dereito Humano á Alimentación.

Específico: Promovidos entre a cidadanía e a comunidade educativa galega valores (infantil, primaria, secundaria e Universitaria), hábitos, actitudes e estilos de vida máis solidarios e sustentables no marco do ODS 2 “Fame Cero” cunha visión integradora da Axenda 2030.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Alumnado e profesorado de 6 centros de educación primaria exercen a competencia global para unha vida solidaria e sostible no marco do dereito humano á alimentación, o ODS 2 e a súa integración coa Axenda 2030, no curso 2023/2024.

A.1.1.1 Organizar e crear 6 hortos ecodidácticos en 6 centros de educación primaria.

A.1.1.2 Impartir 60 obradoiros de formación en 6 centros de educación primaria para a creación dos hortos ecodidácticos.

A.1.1.3 Acompañamento ao profesorado xestor das hortas ecodidácticas de 6 centros de educación.

A.1.1.4 Edición do Xogo “Os ODS”.

A.1.1.5 Impartir 6 sesión de formación ao profesorado sobre a implementación das actividades do proxecto.

A.1.1.6 Implementación do xogo da horta.

A.1.1.7 Impartir 36 obradoiros de consumo responsable nos 6 centros de educación primaria participantes nos hortos ecodidácticos.

RE 1.2 Alumnado e profesorado de 4 centros de educación secundaria exercen a competencia global para unha vida solidaria e sostible no marco do dereito humano á alimentación, o ODS 2 e a súa integración coa Axenda 2030 no curso 2023/2024.

A.1.2.1 Implementación do programa o Cubo dos ODS.

A.1.2.2  Obradoiros de clipmetraxes.

A.1.2.3  Edición do xogo o Camiño dos ODS.

A.1.2.4 Impartir 12 sesións do xogo o Camiño dos ODS.

A.1.2.5 Acompañamento ao profesorado do programa o Cubo dos ODS.

RE 1.3 Alumnado universitario accede a espazos de formación e sensibilización crítica sobre o dereito humano á alimentación, o ODS 2,  e a súa integración coa Axenda 2030 e os problemas globais de desenvolvemento no curso 2023/2024.

A.1.3.1 Organizar, difundir e celebrar o Curso de Verán dentro da Universidade de Verán da Universidade de Santiago de Compostela sobre o Dereito Humano á Alimentación (ODS 2) e a Axenda 2030.

A.1.3.2  Organizar, crear, difundir e celebrar a IV Escola de Voluntariado Xuvenil de Mans Unidas.

RE 1.4 Implementado un sistema de xestión do coñecemento, seguimento  e avaliación do proxecto.

A.1.4.1  Realizar a liña de base para a medición do impacto da intervención.

A.1.4.2 Realización dunha avaliación final externa participativa do proxecto.

A.1.4.3 Realización da Estratexia do Voluntariado Xove para Manos Unidas Galicia.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 13 homes + 40 mulleres + 17 mozos + 28 mozas + 329 nenos + 306 nenas =   733 persoas

Indirecta: 37 homes + 123 mulleres + 75 mozos + 120 mozas + 987 nenos + 961 nenas 2.303 =  persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 35.000€ (14.000€ en 2023 e 21.000€ en 2024)