Favorecer o dereito ao desenvolvemento socioeconómico da poboación das Illas de Fogo e Maio, en Cabo Verde, a partir da implementación e xestión das Reservas da Biosfera
Cabo Verde é un estado soberano, insular de África, situado no océano Atlántico, máis concretamente fronte ás costas senegalesas. A súa economía está altamente concentrada en dous sectores de actividade: o inmobiliario e o turístico. As súas vulnerabilidades veñen dadas pola escasa diversificación da actividade económica, entre outras casuísticas. En canto á situación ambiental, podemos encontrar varios Espazos Naturais Protexidos, baixo distintas figuras nas dúas illas obxecto de intervención do presente proxecto: as illas de Fogo e Maio. A proposta aposta por favorecer o dereito ao desenvolvemento socioeconómico da poboación de ambas illas mediante a xestión dun turismo sostible e ambientalmente responsable a través, entre outras cousas, da posta en marcha e xestión das Reservas da Biosfera declaradas pola UNESCO no ano 2021.
Ministerio da Agricultura e Ambiente de Cabo Verde, a través da Dirección Nacional do Ambiente
Xeral: Favorecer o desenvolvemento socioeconómico da poboación das illas de Fogo e Maio de Cabo Verde a partir da xestión e manexo das Reservas da Biosfera.
Específico: Realizar un acompañamento técnico nas Illas de Fogo e Maio, en Cabo Verde, que oriente ás institucións responsables caboverdianas a definir directrices de acción das Reservas da Biosfera que permita un desenvolvemento socio-económico, ambiental e sustentable da súa poboación.
R1.1 Elaborada unha diagnose socioeconómica, ambiental e institucional participativa das illas de Fogo e Maio que orienten ás institucións responsables caboverdianas na definición dun documento de directrices de acción nas Reservas da Biosfera que favorezan o desenvolvemento humano sostible.
A1.1.1 Reunións de traballo “in situ” cos equipos de xestión das Reservas de Biosfera de Maio e Fogo, co Ministerio do Ambiente e co Instituto Pedro Pires, nunha primeira diagnose no terreo.
A1.1.2 Visita de estudo e análise das claves da experiencia da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo en Galicia pertinentes de realizar nas Illas de Fogo e Maio.
A1.1.3 Definir e executar unha axenda de traballo nas illas de Fogo e Maio que permita a elaboración dunha diagnose participativa da realidade socioeconómica, ambiental e institucional das illas de Fogo e Maio.
A1.1.4 Sistematizar a información da Diagnose de alternativas de desenvolvemento levantada no terreo.
A1.1.5 Elaborar a diagnose socioeconómica e ambiental das Illas de Fogo e Maio por parte do CEIDA.
A1.1.6 Selección de alternativas de desenvolvemento a partir da análise das características e normativa rectora das Reservas da Biosfera en Fogo e Maio.
A1.1.7 Definir liñas de intervención futuras a medio- longo prazo para o manexo da Reserva da Biosfera que favoreza o desenvolvemento humano sostible en Fogo e Maio.
A1.1.8 Entrega da diagnose ao Ministerio do Ambiente e resto de entidades implicadas.
R1.2 Conformada e posta en marcha unha rede defensora das Reservas da Biosfera con presenza en Fogo e Maio que agrupe diferentes representantes da poboación civil así como de asociacións e de institucións públicas e privadas implicadas no futuro desenvolvemento das directrices de acción nas Reservas da Biosfera.
A1.2.1 Análise e identificación dos actores clave con interese e capacidade de conformar unha rede de Defensoría da Reservas da Biosfera das Illa de Fogo e Maio.
A1.2.2 Definir conxuntamente a forma, funcionamento e responsabilidades da Rede de Defensoría da Biosfera.
A1.2.3 Capacitar aos técnicos/as do Instituto Pedro Pires nas claves dunha Reserva da Biosfera, Ecoturismo etc para que poidan a súa vez capacitar a outros actores e posibles membros da Rede de Defensoría da Biosfera.
A1.2.4 Posta en marcha e acompañamento de accións de fortalecemento da Rede de defensoría da Biosfera para a futura implementación das accións acordadas en Fogo e Maio.
Directa:
- Ministerio da Agricultura e Ambiente de Cabo Verde, a través da Dirección Nacional do Ambiente (Titular de Obrigas)
- Instituto Pedro Pires (Titular de Responsabilidades)
- Órganos de xestión das Reservas de Biosfera (Titulares de Responsabilidades)
- Membros integrantes da Rede (Titulares de Dereitos)
Indirecta:
- Comunidade/poboación da Illa de Maio: 6.298 persoas. (homes: 3.183, mulleres: 3.115) e poboación da Illa de Fogo: 33.519 persoas (homes : 16.940, mulleres: 16.579).
- Axentes turísticos das illas: (datos das candidaturas a Reservas da Biosfera presentadas ante a UNESCO)
• Illa de Fogo: 31 establecementos hoteleiros.
• Illa de Maio: 8 establecementos hoteleiros.
- Axentes de desenvolvemento local.
- Emprendedores/as.
- Sectores Produtivos.
- Artesáns e artistas da Illa de Fogo e de Maio.
- ONGs e asociacións de conservación.
Axuda Xunta de Galicia: 40.000 €