Proxectos

Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua (Ecuador)

O presente proxecto executarase en 4 comunidades da parroquia de San Antonio de Quisapincha, no cantón Ambato, provincia de Tungurahua. O mesmo ten como finalidade “Contribuír a eliminar a feminización da pobreza da poboación rural da serra ecuatoriana a través de modelos produtivos inclusivos e sustentables” entendendo a pobreza dunha forma multidimensional e vinculada á discriminación e á desigualdade que viven determinados grupos sociais, como son as mulleres, rurais e indíxenas, poboación meta do proxecto. O proxecto desenvolverase  ademais, desde o compromiso cos enfoques de Dereitos Humanos, Interculturalidade  e Sustentabilidade.

Para iso a intervención enfocará a súa acción en “Mellorar a autonomía económica e social das mulleres fomentando iniciativas produtivas con valor agregado na parroquia de Quisapincha,  Tungurahua” mediante un proceso integral de empoderamento socioeconómico e de mellora da produtividade.

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
América do Sur
País: 
ECUADOR
Zona de actuación: 
Tungurahua (provincia)
Axentes: 
FUNDACIÓN MUJERES
Contraparte: 

Fundación Humana Pueblo a Pueblo

Código CRS: 
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
31194 - Cooperativas agrícolas
Obxectivos: 

Obxectivo  xeral: Contribuír a eliminar a feminización da pobreza da poboación rural da serra ecuatoriana a través de modelos produtivos inclusivos e sustentables.

Obxectivo específico: Mellorar a autonomía económica e social das mulleres fomentando as iniciativas produtivas con valor agregado na parroquia de Quisapincha,  Tungurahua.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Fortalecida a capacidade de produción, transformación e comercialización das asociacións produtoras de Uvilla con enfoque de xénero e agroecoloxía.

A 1.1: Acompañamento e asesoramento individualizado e colectivo a mulleres e homes para a diversificación da produción e manexo de boas prácticas agrícolas (BPA).

A 1.2 Fortalecemento das capacidades de xestión empresarial das mulleres mediante a elaboración do Plan de Negocio de Uvilla.

A 1.3 Capacitación para a creación de organización de Economía Popular e Solidaria (EPS).

A 1.4: Construción, equipamento e posta en marcha da área de transformación e comercialización de Uvilla.

RE 1.2: Fortalecida a capacidade de conciencia crítica de xénero para a incidencia nas asociacións produtoras, facendo énfases no empoderamento económico das mulleres a partir de intereses estratéxicos de xénero.

A 2.1 Deseño e impartición de talleres sobre xénero, autonomía, empoderamento económico e dereitos das mulleres.

A 2.2: Encontro para o Intercambio de Experiencias de Empoderamento Económico entre mulleres produtoras dentro da Economía Popular e Solidaria.

RE 1.3: Xerados espazos de reflexión comunitarios para a construción de relacións igualitarias entre homes e mulleres para previr a violencia de xénero.

A 3.1 Deseño e impartición de talleres de sensibilización a homes novos e adultos sobre xénero, corresponsabilidade, tipos de masculinidade e violencia de xénero.

A 3.2: Espazos mixtos de reflexión sobre corresponsabilidade familiar, paternidade  responsable, comunicación afectiva e asertiva para a prevención de violencia.

Actividades transversais:

AT .1. Seguimento técnico-económico, avaliación interna e externa do proxecto.

AT .2. Sensibilización e difusión do proxecto en Galicia, así como difusión en Ecuador.

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación destinataria directa é de 200 persoas, 135 mulleres e 65 homes, agrupadas en distintas asociacións comunitarias: Ñuca  Llakta,  Condezán, La Salle, Mujeres  Kickwas de Don José. O total da poboación destinataria provén de zonas rurais, sendo a 100% poboación indíxena.

Indirecta: Estímase que a poboación indirecta será un total de 1.000 persoas, concretamente  poboación  indíxena conformada entre 325 homes e 675 mulleres.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 173.915,50 € (2019:  69.566,20 €;  2020: 104.349,30 €)