Proxectos

Fomentar o coñecemento, a solidariedade e creación de capacidades en distintos actores da sociedade galega para incorporar o enfoque intercultural, de xénero e de cidadanía na súa práctica diaria

O presente proxecto nace da necesidade de profundar, ampliar e enriquecer o traballo iniciado no marco do proxecto TROCANDO PELES desenvolvido por Acsur nos anos 2009-2010, financiado pola DXREUE, e que tiva como obxectivo Fomentar o coñecemento e a solidariedade así como facilitar ferramentas a colectivos sociais, estudantes e ao profesorado da comunidade autónoma galega para incorporar o enfoque intercultural e de cidadanía na súa práctica diaria.

Na proposta que plantexamos aquí queremos seguir traballando na educación para o desenvolvemento a través da xeración de espazos de formación e sensibilización sobre o as migracións internacionais que, no contexto actual, constituen un fenómeno que condensa temas claves relacionados co desenvolvemento dos pobos, as desigualdades Norte-Sur, cos dereitos humanos, os dereitos de cidadanía e a interculturalidade. Ademáis as migracións son un dos fenómenos sociais dos nosos tempos que vincula como poucos as relacións e interdependencias entre os contextos dos países do Norte e do Sur, entre sociedades empobrecidas e sociedades enriquecidas.

Ano: 
2011
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ACSUR LAS SEGOVIAS
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral:  Fomentar o coñecemento, a solidariedade e creación de capacidades en distintos actores da sociedade galega para incorporar o enfoque intercultural, de xénero e de cidadanía na súa práctica diaria.
Obxectivo específico: Proporcionar unha adecuada formación a través de actividades lúdicas, educativas e artísticas a diversos actores da cidadanía galega sobre Dereitos Humanos, cidadanía e interculturalidade con perspectiva de xénero.

Resultados e actividades: 

Resultado 1
A.1.1 Organización dos obradoiros
A1.2. Realización de tres obradoiros de formación sobre interculturalidade, dereitos humanos e xénero a través das metodologías do teatro do oprimido
A1.3. Elaboración da peza teatral
Resultado 2
A 2.1. Planificación do cronograma das actividades de sensibilización en IES
A2.2. Representación da peza de Teatro fórum en centro educativos.
A2.3. Distribución entre os docentes dos IES do material pedagóxico Cidamundeando
Resultado 3
A3.1. Contactar, seleccionar os concellos de menos de 50.000 hb. interesados en realizar as actividades de sensibilización.
A3.2. Montaxe da exposición Mirada en Construcción
A3.3. Realización de cinco vídeo-forums en concellos galegos de menos de 50.000 hb.

Poboación beneficiaria: 

Directa:
1. Obradoiro iniciación de Teatro do Oprimido: Chegaremos a un grupo de 25 persoas inmigrantes e autóctonas, especialmente a aquelas que pertenzan a colectivos sociais e ao sector da educación formal ou non formal polo seu potencial multiplicador das ferramentas e da mensaxe.
2.- Obradoiro avanzado de Teatro de Oprimido: Chegaremos a un grupo de 25 persoas inmigrantes e autóctonas, especialmente a aquelas que pertenzan a colectivos sociais e ao sector da educación formal ou non formal polo seu potencial multiplicador das ferramentas e da mensaxe. Estas persoas poden haberse formado a nivel básico con esta proposta ou no marco da primeira fase do proxecto Trocando Peles.
3.- Obradoiro de Curindinga : Chegaremos a un grupo de 25 persoas inmigrantes e autóctonas, especialmente a aquelas que pertenzan a colectivos sociais e ao sector da educación formal ou non formal polo seu potencial multiplicador das ferramentas e da mensaxe. Estas persoas poden haberse formado a nivel básico con esta proposta ou no marco da primeira fase do proxecto Trocando Peles.
Coa obra de Teatro Forum chegaremos a 2400 estudantes e 72 docentes. Contamos con 100 alumnos/as e 3 docentes por actuación, en 24 institutos de diferentes concellos do medio rural (na súa maioría) das 4 provincias de Galicia
4.- Alumnado e profesorado de 20 IES de Galicia: 1600 alumnos e alumnas e 60 docentes de 20 IES de Galicia serán sensibilizados a través da peza de Teatro Forum elaborada. A lo menos o 50% dos IES en concellos de menos de 50.000 habitantes.
5.- Alumnado e profesorado de 20 IES de Galicia contan co material didáctico teórico-práctico “Cidamundeando” para seguir profundando na educación intercultural. A lo menos o 50% dos IES en concellos de menos de 50.000 habitantes
6.- 5 concellos de Galicia de menos de 50.000 habitantes contarán coa exposición fotográfica realizada por mulleres inmigrantes “Mirada en construcción” para a sensibilización da súa población. As persoas beneficiarias directas serán aquelas que visiten a exposición. Faremos especial fincapé en difundila entre as organizacións sociais, veciñais e culturais de cada concello polo seu potencial multiplicador.
7.- 250 persoas de 5 concellos de Galicia de menos de 50.000 habitantes serán sensibilizadas a través dos video-forums sobre xénero e migracións que desenvolveremos con documentais elaborados por mulleres migrantes.
Indirecta:
1.- A guía metodolóxica pedagóxica Cidamundeando será repartido en cada un dos institutos polo que chegará ao conxunto da comunidade educativa de diferentes concellos das catro provincias galegas.
2.- As organizacións e colectivos aos que pertencen as persoas que participen dos obradoiros de Teatro do Oprimido, xa que estas poden multiplicar a experiencia e fortalecer as súas organizacións.
A longo prazo espérase que as persoas que participaron dalgunha das actividades de sensibilización trasmitan os seus aprendizajes a súa xente máis próxima.
 

Axudas: 

24.980,00 € (2011: 9.992,00 € - 2012: 14.988,00 €)