Proxectos

Fomentar a rastrexabilidade e a comercialización da cadea de valor dos produtos hidrobiolóxicos da Baía de Sechura para promover medios de vida sustentables, apoiando o enfoque de xénero e a gobernanza, Perú

A intervención deste proxecto, levado a cabo pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixe (ANFACO-CECOPESCA), contribuirá ao fortalecemento da rastrexabilidade e á implementación de métodos de procesado e conservación de produtos hidrobiolóxicos. Este proxecto establece tres liñas prioritarias de actuación: fortalecemento de mecanismos de rastrexabilidade da pesca artesanal mediante o apoio á implementación na asociación de mulleres do mercado de Sechura; implementación de novas formas de procesado e conservación dirixidas a mellorar a calidade de vida e rendemento económico de emprendementos liderados por mulleres; e establecemento de mecanismos de mellora nos proxectos piloto de acuicultura xerados no proxecto ACUIPESCA.

O ámbito de intervención céntrase na provincia de Sechura, o proxecto impactará positivamente en emprendedores/as con negocios en marcha, incluídas organizacións sociais de pescadores, autoridades e funcionarios/as locais de Sechura e beneficiará indirectamente a 44.590 habitantes da provincia.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Sechura (provincia)
Axentes: 
ANFACO-CECOPESCA - Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos
Contraparte: 

Organismo Nacional de Sanidad Pesquera (SANIPES)

Obxectivos: 

Xeral: Incrementar a capacidade de resiliencia na poboación de Sechura a través de iniciativas vinculadas ao sector produtivo mar-alimentario que permitan o desenvolvemento económico da rexión.

Específico: Fomentar a rastrexabilidade e a comercialización da cadea de valor dos produtos hidrobiológicos da Baía de Sechura para promover medios de vida sostibles, apoiando o enfoque de xénero e a gobernanza.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Fortalecidos os mecanismos de rastrexabilidade dos produtos procedentes da pesca artesanal na asociación de mulleres do mercado de Sechura vinculada á cadea de valor dos produtos hidrobiológicos.

            A.1.1.1: Identificación de ferramentas viables para a rastrexabilidade dos produtos procedentes da pesca artesanal.

A.1.1.2: Sensibilización das mulleres do mercado de Sechura e implementación das ferramentas de rastrexabilidade seleccionadas.

RE 1.2: Implementadas novas formas de procesado e conservación de produtos procedentes da pesca artesanal en emprendementos liderados por mulleres dirixidos a mellorar a súa calidade de vida e rendemento económico.

A.1.2.1: Proposición de novas técnicas de procesado e/ou conservación para emprendementos de produtos hidrobiolóxicos.

A.1.2.2: Formación de mulleres emprendedoras e implementación de novas técnicas de procesado e/o conservación dos produtos hidrobiolóxicos.

RE 1.3: Establecidos os mecanismos de mellora nos proxectos piloto de acuicultura xerados no proxecto ACUIPESCA.

A.1.3.1: Avaliación participativa do estado actual dos pilotos de acuicultura do proxecto ACUIPESCA.

A.2.3.2: Definición e propostas consensuadas polas OSPAS da baía de Sechura para a mellora do cultivo da cuncha de abanico.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 465 (65 homes; 400 mulleres)

Indirecta: 7.098 (3.540 homes; 3.558 mulleres)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

151.240,00 € (52.934,00 € en 2024 e 98.306,00 € en 2025)