Proxectos

FOMENTO E AMPLIACIÓN DO CULTIVO E COMERCIALIZACIÓN DE MARACUIÁ DE 125 PRODUTORES/AS DOS CANTÓNS DE ESMERALDAS E QUININDÉ DA PROVINCIA DE ESMERALDAS

O proxecto ten como obxectivos fomentar o desenvolvemento produtivo a través da diversificación de cultivos e acadar a apertura comercial de 83 produtores e 42 produtoras de maracuiá pertencentes a 24 organizacións agrícolas de base de Ecuador. Para isto, fortalecerase a súa capacidade organizativa e de autoxestión en base a principios de economía solidaria e comercio xusto.

Foi concibido para complementar e ampliar a acción do proxecto Produción e comercialización de maracuiá para Organizacións Campesiñas dos Cantóns Viche e Quinindé. O cultivo de maracuiá é moi esixente no manexo e control de pragas e doenzas e require moita man de obra e materiais do medio, o que fai necesario complementar o proxecto inicial co presente que traballará nos eixos produtivo e comercial.

Período de execución: novembro 2010 – outubro 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
ECUADOR
Zona de actuación: 
Esmeraldas (provincia)
Quinindé (cantón)
Esmeraldas (cantón)
Axentes: 
AMARANTE PARA O ECODESENVOLVEMENTO
Contraparte: 

Fundación Maquita Cushunchic Comercializando como Hermanos - MCCH

Código CRS: 
31100 - Agricultura
Obxectivos: 

Mellorados os niveis socio-económicos dos produtores/as beneficiarios/as do proxecto de maracuiá dos cantóns de Quinindé e Esmeradas

Resultados e actividades: 

- Capacitación e asistencia técnica a promotores agrícolas comunitarios para apoiar ao proceso do manexo do cultivo de maracuiá.
- Implementación dun plano de melloramento do cultivo de maracuiá
- Reforzo e seguimento agrícola.
- Adecuación e equipamento dos centros de almacenamento comunitarios.
- Obradoiros de capacitación en xestión e administración contable
- Intercambio de experiencias comerciais a nivel nacional – produción e comercialización
- Xestión de mercados
- Reforzo e seguimento comercial.
- Administración e avaliación.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 125 xefes e xefas de fogar, dos que 42 son mulleres (isto é, o 34%), e 83 son homes (67%)
Indirecta: 625 persoas, o equivalente ás familias dos/as beneficiarios, considerando que unha familia tipo está conformada por 5 membros.

Axudas: 

129.488,38 € (2010: 64.744,19€ - 2011: 64.744,19€