Proxectos

FOMENTO E MELLORA DA PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN OVINA

Mellorar os ingresos económicos das familias mediante unha intervención que incrementará o prezo obtido pola venta de cada animal.

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
América do Sur
País: 
ECUADOR
Zona de actuación: 
Chimborazo (provincia)
Código CRS: 
31163 - Gandeiría
Obxectivos: 

Mellorar as condicións socioeconómicas das familias produtoras de ovinos dos cantóns de Guamote, Alausí e Colta, entendidos como ingresos operativos por actividade pecuaria.

Resultados e actividades: 

1. Organizar un esquema de ATP (Asistencia Técnica Pecuaria) dirixida a produtores/as de ovinos en destrezas do manexo, sanidade, produción e reprodución da partida (por parte municipal, MAG, ONG, extensiva e participativa)
2. Programa de capacitación a produtores/as aplicando metodoloxías “aprender facendo".
3. Introducir pé de crías para os/as  produtores/as
4. Elaboración dun estudio de mercado aplicado aos canais e métodos de comercialización dos ovinos para os núcleos produtivos de Pull-Laime-Atapo (Guamote), Cocán (Alausí) e Columbe-Llinllín (Colta).
5. Instalación e equipamento de centro de faenamentos (mataderos).
6. Socialización e sensibilización nas comunidades dos núcleos produtivos de Pull-Laime-Atapo (Guamote), Cocán (Alausí) e Columbe-Llinllín (Colta).
7. Acordos previo inicio das actividades nos tres núcleos produtivos con directorios de comunidades.
8. Estatutos e organigramas funcionais do consorcio.
9. Legalización do consorcio.

Poboación beneficiaria: 

Poboación beneficiaria directa: poboación das 41 comunidades das parroquias de Tixán, Matriz, Palmira e Columbe.

Axudas: 

100.188,00 Euros - Orzamento total do proxecto: 324.067,33 Euros