Proxectos

A fondo cos ODS

O proxecto xira en torno ás especificidades da cooperación municipalista galega, as súas vantaxes comparativas como axentes específicos dentro do sistema internacional de cooperación e como modelo de traballo en rede colaborativo que representa o Fondo Galego. Porén, e dando un paso máis alá, a proposta fai fincapé nunha maior implicación e apropiación das administracións locais galegas na cooperación ao desenvolvemento e na consecución dos ODS, principalmente desde o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Ano: 
2018
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FOGACOSOL - FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Xeradas, con sinerxía e coordinación, unhas políticas públicas favorables á cooperación ao desenvolvemento e á consecución dos ODS a nivel local.

Obxectivo específico: Promovido o coñecemento e implicación da administración local galega e da cidadanía en xeral no cumprimento dos ODS.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Incrementado o coñecemento, por parte das administracións locais galegas, sobre a súa responsabilidade no cumprimento dos ODS

Actividade 1.1.1: Formación sobre a localización dos ODS e a xestión da política pública municipal de cooperación ao desenvolvemento.

Actividade 1.1.2: Participación no estudo sobre o estado da cooperación municipalista en Galicia

Resultado 1.2: Incrementada a implicación dos concellos e deputacións galegas para contribuír ao fin da pobreza (ODS 1) .

Actividade 1.2.1: Vacacións con traballo

Actividade 1.2.2: Vacacións con traballo en Galicia

Resultado 1.3: As administracións locais galegas promoven actividades de sensibilización para concienciar á cidadanía no cumprimento dos ODS

Actividade 1.3.1: Contacontos coa compañía A Tropa de Trapo

Actividade 1.3.2: Representacións teatrais sobre as fronteiras e as persoas refuxiadas

Actividade 1.3.3: Actuacións de Batuko Tabanka

Poboación beneficiaria: 

Unhas 6.741 persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 40.000,00 € (2018)