Proxectos

Fondo Galego: 15 anos administrando a solidariedade desde o local

O convenio "15 anos administrando a solidariedade desde o local", quere servir de título ao plan de actividades de sensibilización social do Fondo Galego durante o ano 2012. Neste ano, no que o Fondo cumprirá tres lustros de vida institucional, o obxectivo principal seguirá a ser o de fortalecer a solidariedade municipalista galega. As actividades que se engloban no Plan, son continuadoras do traballo desenvolto no 2010 e 2011, e se centrarán na realización de exposicións, charlas, videofórums, espectáculos de contacontos, ou coa participación no concurso fotográfico: Imaxes con Fondo.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FOGACOSOL - FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Fortalecida desde o local a sensibilización da sociedade galega en torno á cooperación para o desenvolvemento.
Obxectivo Específico: Promovidas unhas entidades locais máis activas na solidariedade internacional.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Reforzada a rede humana e organizativa-institucional do Fondo Galego.
Actividades:
A.1.1.: Visitas ao Norte.
A.1.2.: Redes Municipalistas Solidarias (RMS).
A.1.3.: Programa Vacacións con Traballo (VCT).
A.1.4.: Produción da Exposición en banda deseñada: 15 anos de solidariedade contra a indiferenza.
A.1.5.: VII Xornadas anuais: 15 anos administrando solidariedade desde o local.
A.1.6.: Fondo Documental da cooperación municipalista galega.
Resultado 1.2.: Xeradas actividades de sensibilización social e educación para o desenvolvemento entre as entidades socias.
Actividades:
A.2.1.: Mobilizar as exposicións e os recursos educativos itinerantes do Fondo Galego.
A.2.2.: Charlas contra a indiferenza.
A.2.3.: Xira da Tropa de Trapo, estrea de espectáculo infantil.
A.2.4.: Concurso fotográfico: Imaxes con Fondo.
A.2.5.: Difusión en Galicia da Semana Galega contra a pobreza.
Resultado 1.3.: Visibilizadas nas entidades socias e na sociedade galega en xeral, o traballo do Fondo Galego en particular, e da cooperación municipalista galega, en xeral.
Actividades:
A.3.1.: Externalización da comunicación.
A.3.2.: Elaboración da Memoria 2011.
A.3.3.: Elaborados seis IAF, publicación bimensual do Fondo Galego.
A.3.4.: Mantemento da web.
A.3.5.: Segunda fase da elaboración do documental "Xuntos cooperamos mellor".

Poboación beneficiaria: 

Directa: Persoal político e técnico que representa á asociación municipalista en cada unha das entidades socias: 96 políticos e 96 técnicos.

Axudas: 

60000