FORMACIÓN E ASISTENCIA TÉCNICA PARA A AVALIACIÓN INTEGRAL DOS RESURSOS HÍDRICOS NO PROGRAMA HIDROSANITARIO DAS COMUNIDADES RURAIS DO DISTRITO DE SAME. TANZANIA
OBXECTIVOS
Diminución da mortandade infantil a través do acceso á auga potable e ao saneamento básico. Favorecer o coñecemento dos recursos hídricos da zona de actuación de cara a establecer as solucións de abastecemento e saneamento máis adecuadas, priorizando a formación do persoal técnico local. Sensibilizar á sociedade galega en xeral e á comunidade universitaria en particular, respecto do grave problema de acceso á auga potable e a saneamento básico nos países menos desenvolvidos da África subsahariana.
ACCIÓNS
- Recompilación da información existente(hidrolóxica, topográfica, etc)
- Traballo de campo para a realización do inventario de pontos de auga na mancomunidade de Njoro
- Xeoreferenciación e codificación de toda a información dispoñible sobre a mancomunidade de Njoro, e integración da mesma no Sistema de Información Xeográfica do Distrito de Same
- Prospección hidroxeolóxica detallada nas comunidades seleccionadas para os abastecementos e saneamentos
- Elaboración do estudo de recursos hídricos da mancomunidade de Njoro e análise das alternativas máis adecuadas para os abastecementos e saneamentos ás comunidades
- Elaboración de material docente para as actividades de formación do persoal técnico
- Execución do plan de formación intensivo na aula: clases, seminarios e obradoiros formativos có persoal técnico local
- Realización de campañas de incidencia e sensibilización sobre o problema de acceso á auga potable e saneamento básico nos países menos desenvolvidos de África subsahariana
POBOACIÓN BENEFICIARIA
- Directas: 5.657 habitantes das comunidades de Njoro, Vumari e Ishinde
- Indirectas: 29.659 habitantes das comunidades de Njoro, Ruvu e Same
49.800,00 EUROS