Proxectos

FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN DE AXENTES DE COOPERACIÓN E COOPERANTES ARREDOR DA APLICACIÓN DO DEREITO INTERNACIONAL HUMANITARIO NOS CONTEXTOS DA AXUDA HUMANITARIA

Beneficiarios

50 Persoas asistentes aos obradoiros de axuda humanitaria e Dereito Internacional

40 Persoas asistentes ás xornadas de Axuda Humanitaria

Obxectivos

  1. O colectivo de persoas implicadas na AH dende Galicia melloran o seu coñecemento da aplicación do DIH no seu traballo
  2. Mellorada a capacidade das persoas asistentes aos obradoiros de AH e DIH para aplicar conceitos de DIH na práctica sobre o terreo
  3. Xerado un debate acerca da resposta que dende as ONGDs e os gobernos dos países doantes se está a dar ás últimas emerxencia humanitarias

Accións

  • Reclutamento e formación de monitoras e monitores para os obradoiros. Organización de 3 obradoiros ao longo do ano
  • Elaboración e impresión dun caderno con información básica sobre a DIH
  • Organización dunhas xornadas de 15 horas de duración sobre as novas emerxencias humanitarias e a resposta que se está a dar
  • Avaliación das actividades mediante observación directa e cuestionarios
Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
CRUZ VERMELLA
Axudas: 

14.999 euros