Proxectos

FORMACIÓN, PARTICIPACIÓN E SENSIBILIZACIÓN EN COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO E OBXECTIVOS DO MILENIO

Promover o compromiso das sociedades do Norte cos países do Sur

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Obxectivos: 

Formar recursos humanos en cooperación ao desenvolvemento, mellorando a calidade da súa formación específica, formando as universitarias e universitarios galegos en identificación, formulación e seguimento de proxectos
Sensibilizar, implicar e buscar un maior compromiso da sociedade galega en xeral, e en especial dos habitantes dos concellos de Brión, Teo, Rois e Vedra, coas relacións Norte – Sur e cos obxectivos do milenio

Resultados e actividades: 

-   Elaboración de material de difusión dos cursos
-   Elaboración de material didáctico para o curso
-   Difusión do curso
-   Selección das/os participantes dos cursos
-   Realización do Curso
-   Traducción ao galego dos contidos da exposición
-   Edición da exposición
-   Coordinación coas institucións locais
-   Elaboración dos dípticos para o seguimento da exposición ODM
-   Difusión da exposición
-   Traslado da exposición
-   Montaxe da exposición
-   Exposición ODM, sobre os obxectivos do milenio

Poboación beneficiaria: 

O público obxectivo deste proxecto serán todos os actores galegos de cooperación que traballan en Centroamérica.
Os principais axentes do sistema galego de cooperación son: a Xunta de Galicia, a cooperación local (Fondo Galego de Cooperación e solidariedade e concellos), ONG de desenvolvemento e axuda humanitaria, universidades, empresas e sindicatos.

Axudas: 

15979