Proxectos

FORMACIÓN, PARTICIPACIÓN E SENSIBILIZACIÓN EN COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO E SENSIBILIZACIÓN SOBRE OS OBXECTIVOS DO MILENIO (ODM)

Promover o compromiso das sociedades do Norte cos países do Sur e divulgar a situación actual mundial dos ODM

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Formar recursos humanos cualificados en cooperación ao desenvolvemento, mellorando os coñecementos específicos relativos ao ciclo de vida do proxecto (identificación, formulación e seguimento e avaliación de proxectos).Sensibilizar e buscar un maior compromiso da poboación en xeral e en particular da mocidade galega universitaria, en especial dos campus de Santiago de Compostela, Ourense e A Coruña cos Obxectivos Do Milenio, fomentando a análise e debate respecto das desigualdades entre o Norte e o Sur.

Resultados e actividades: 

-Elaboración de material de difusión dos cursos e difusión dos mesmos -Elaboración de material didáctico para o curso e selección das persoas participantes-Realización do Curso<

Poboación beneficiaria: 

60 Mozas e mozos universitarios galegos, de 18 anos en diante, motivados por coñecer mellor a área de cooperación ao desenvolvemento e manexar as ferramentas necesarias para a formulación de proxectos (no enfoque do marco lóxico EML) dos campus universitarios de Santiago de Compostela (USC), de Ourense (UVigo), e de A Coruña (UDC. 20 Mozas e mozos por curso realizado, coa posibilidade de amplialas prazas a algunhas persoas máis.O proxecto pretende actuar en dúas bandas, xóvenes universitarios e cidadanía en xeral a través da estratexia de formación e análise coa querencia de contribuír a reflexión e implicar a poboación galega sobre a situación dos países do sur en relación os Obxectivos do Milenio.O “Encontro-debate” sobre ás temáticas dos Obxectivos Do Milenio e a exhibición da exposición ODM nos centros universitarios onde se realicen os cursos, ten como público obxectivo ás persoas participantes das edicións anteriores acadando xa o número de 90 persoas, ademáis das 60 participantes da formación obxeto deste proxecto. Toda a comunidade universitaria en xeral e alomenos unhas 100 persoas que se acheguen aos centros interesados no “Encontro-debate” tamén serán público obxectivo. O numero estimado de visitas á exposición é de  1500 persoas en cada centro de exposición, acadando un total de 4500 persoas

Axudas: 

18433