Proxectos

Formación profesional e desenvolvemento produtivo sostible da pesca de pequena escala en Centroamérica. PROFOPAC III

A partir da experiencia positiva desenvolvida coas intervencións realizadas nos anos anteriores financiadas pola Xunta de Galicia, identificouse a necesidade de afondar no desenvolvemento de capacidades como unha ferramenta clave para o desenvolvemento social e produtivo do sector da pesca de pequena escala na Rexión. A través deste convenio seguiuse impulsando o proceso de profesionalización da pesca e acuicultura de pequena escala en Centroamérica por medio da formación profesional e da potenciación do emprendedurismo; un proceso de longo prazo que pretende levar á poboación implicada ao desenvolvemento progresivo dos seus coñecementos e prácticas económicas, baixo os conceptos de sustentabilididade e produtividade.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
NON ESPECIFICADOS
Axentes: 
FUNDACIÓN CETMAR
Contraparte: 

Organización do sector pesqueiro y acuícola del Istmo Centroamericano (OSPESCA)

Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír ao desenvolvemento social e económico sostible e a seguridade alimentaria da Rexión Centroamericana a través da profesionalización do recurso humano vinculado ao sector da pesca e a acuicultura de pequena escala.
Obxectivo Específico: Fortalecer as capacidades rexionais de desenvolvemento produtivo a través da formación profesional no marco do proceso de profesionalización do sector.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Acceso dos pescadores de pequena escala e acuicultores a unha oferta formativa de calidade que abarca toda su vida produtiva e actividades asociadas, homologada a nivel rexional.
Actividades:
A.1.1.1.: Desenvolvemento de perfís profesionais.
A.1.1.2.: Capacitación en comunidades de Pescadores Artesanais.
A.1.1.3.: Elaboración e posta en marcha dun plan de sustentabilidade da formación.
Resultado 1.2.: Integrados os programas de formación con estratexias e proxectos de desenvolvemento produtivo rexional, nacional e local, priorizando aquelas comunidades que xa recibiron formación durante o programa PROFOPAC I e II.
Actividades:
A.1.2.1.: Apoio a iniciativas de desenvolvemento produtivo para o fomento do emprendedurismo cultura empresarial e asociatividade.
A.1.2.2.: Xira rexional para a coordinación e seguimento das iniciativas de emprendedurismo.
A.1.2.3.: Sistematización de experiencias de desenvolvemento produtivo no marco do programa emprendedor.
A.1.2.4.: Definición do marco institucional para a elaboración e implementación da campaña de consumo de pescado a nivel rexional.
Resultado 1.3.: Comunidades pesqueiras sensibilizadas para o aproveitamento sustentable dos recursos.
Actividades:
A.1.3.1.: Sistematización de experiencias de modelos pilotos de formación infantil en temas relacionados ao respecto do medio ambiente e fomento da cultura pesqueira.
A.1.3.2.: Seguimento.

Axudas: 

146608