Proxectos

Formación profesional e desenvolvemento produtivo sostible da pesca de pequena escala en Centroamérica. PROFOPAC IV

A través deste convenio de colaboración, no marco do programa PROFOPAC, séguese impulsando o proceso de profesionalización da pesca e acuicultura de pequena escala en Centroamérica por medio da formación profesional e da potenciación do emprendedurismo; un proceso de longo prazo que pretende levar á poboación implicada ao desenvolvemento progresivo dos seus coñecementos e prácticas económicas, baixo os conceptos de sustentabilidade e produtividade.

Ano: 
2013
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
NON ESPECIFICADOS
Axentes: 
FUNDACIÓN CETMAR
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír ao desenvolvemento social e económico sostible e á seguridade alimentaria da rexión centroamericana a través da profesionalización dos recursos humanos vinculados ao sector da pesca e a acuicultura de pequena escala. fortalecer as capacidades rexionais de desenvolvemento produtivo a través da formación profesional no marco do proceso de profesionalización do sector.

Obxectivo Específico: Fortalecer as capacidades rexionais de desenvolvemento produtivo a través da formación profesional no marco do proceso de profesionalización do sector.
 

Resultados e actividades: 

Actividades:
A.1.1 Elaboración do Módulo Rexional de Produción para pequenos e medianos acuicultores.
A.1.2 Desenvolvemento do Curso de Formador de Formadores para o Curso Rexional de Produción para pequenos e medianos acuicultores.
A.1.3 Actualización e edición de materiais didácticos e curriculares (seguridade laboral, produción pesqueira e acuícola, mellora da calidade dos alimentos).
A.1.4 Capacitación en comunidades de pescadores artesanais en temas de produción de alimentos, conservación e transformación, no marco da estratexia de seguridade alimentaria rexional.
A.2.1 Seguimento ás iniciativas de desenvolvemento produtivo implementadas en 2011 e 2012.
A.2.2 Apoio ás iniciativas de desenvolvemento produtivo para o fomento do emprendedurismo, cultura empresarial e asociatividade.
A.3.1 Experiencia de formación a nenos, nenas, mozos e mozas, para que actúen como promotores da preservación do entorno e mellora da calidade de vida na súas comunidades.

 

Axudas: 

180.000 € (2013: 60.000 € ; 2014:120.000 €)