FORMACIÓN TÉCNICA E OCUPACIONAL DE MOZOS DE ESCASOS RECURSOS NOS DEPARTAMENTOS DE CHINANDEGA E MANAGUA (NICARAGUA)
OBXECTIVOS:- Mellorar a oferta e calidade educativa en Somotillo, Ciudad Sandino e Bello Amanecer coa introdución da formación ocupacional, técnica e tecnolóxica para facilitar a posterior inserción laboral dos alumnos.
- Ampliar a cobertura educativa coa construción, acondicionamento e equipamento de espazos educativos nos catro colexios de Fe y Alegría en Somotillo, Ciudad Sandino e Bello Amanecer, para o acceso das nenas e nenos a unha edcucación integral.
ACCIÓNS: - Rehabilitación e equipación de áreas educativas e produtivas no Instituto Básico Rural Agropecuario de Somotillo
- Equipación dunha aula-taller de repostería no instituto San Ignacio de Loyola, Somotillo
- Construción dun pabellón de tres aulas nas instalacións do Centro Nosa Señora de Guadalupe en Bello Amanecer
- Construir e equipar un laboratorio de informática no colexio San Francisco Javier de Ciudad Sandino
169.999 EUROS