Proxectos

Formación técnica ocupacional para impulsar a inserción laboral e previr a migración de mozas e mulleres en situación de vulnerabilidade

O proxecto, ten como propósito contribuír á redución da pobreza en Guatemala mediante a mellora das competencias técnicas e profesionais de mozas e mulleres en comunidades rurais vulnerables. O proxecto enfócase en dous municipios do departamento de Suchitepequez, especificamente en Mazatenango e Cuyotenango, e busca capacitar a 210 persoas en formación técnica ocupacional.

Inclúe cursos técnicos e profesionais que responden as necesidades da poboación rural dos 2 municipios a intervir (Mazatenango e Cuyotenango) baseados nas metodoloxías CEDES (Centros Móbiles de formación técnica en comunidades rurais) de FUNDAP, cunha duración de 500 horas cada un, complementados con prácticas empresariais de 200 horas, atendendo 20 persoas en confección, 16 en beleza e 15 en reposteria. Aténdense en total neste compoñente 50 persoas nun Centro de Formación.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Microproxectos
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Suchitepequez (departamento)
Axentes: 
COOPERACIÓN INTERNACIONAL ONG GALICIA
Contraparte: 

Fundación para el desarrollo de programas socioeconómicos-FUNDAP

Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao desenvolvemento de capital social nos municipios de Mazatenango e Cuyotenango en comunidades priorizadas de Guatemala, a través de cursos de capacitación laboral e acompañamento a emprendementos que contribúan á xeración de ingresos e desenvolvemento comunitario.

Específico: Capacitar técnica e profesionalmente a mozas e mulleres de 2 municipios do departamento de Suchitepéquez, fomentando a súa capacidade de emprendemento.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Mulleres e mozos en risco de migración completaron cursos de formación técnica e profesional, incrementando as súas oportunidades de acceso a un emprego e/o desenvolvemento dos seus emprendementos.

            A.1.1.1: Realización de Diplomados nos Centros Técnicos de FUNDAP para 320 destinatarios (Cada curso ten unha duración máxima de 500 horas de formación técnica-ocupacional e humana).

A.1.1.2: Realización de Cursos técnico-profesionais para 50 persoas de áreas rurais a través metodoloxía CEDES (Centros Móbiles de formación técnica en comunidades rurais. Cada curso ten unha duración 500h).

A.1.1.3: Realización de pasantías en empresas (200h), a través Formación Dual.

A.1.1.4: Retroalimentación aos plans de formación, mellorando contidos e metodoloxía de transferencia de coñecementos.

RE 1.2: Contribuído á reactivación económica e ao emprendemento de mozos e mulleres en 2 municipios do departamento de Suchitepéquez, a través do desenvolvemento de servizos de formación e acompañamento empresarial.

A.1.2.1: Realización de eventos de identificación de emprendedores egresados da formación técnica.

A.1.2.2: Formación dirixida a emprendedores, mediante a metodoloxía de seguir para emprender.

A.1.2.3: Realización de sesións de coaching empresarial para o desenvolvemento dos emprendementos.

A.1.2.4: Realización de asesorías microempresariales para a mellora da súa calidade e competitividade.

A.1.2.5: Adquirido e dotado equipo para a produción, mediante a metodoloxía leasing a 10 emprendedores do compoñente Seguir para Emprender.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 240 (74 homes; 166 mulleres)

Indirecta: 1.200 (370 homes; 830 mulleres)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 30.000,00 €