Proxectos

FORTALECEMENTO COMUNITARIO. PROGRAMA OXLAJUJ TZ’IKIN, GUATEMALA

Fortalecemento da organización comunitaria de 17 comunidades e 1 asociación de pescadores nos municipios de Champerico e Retalhuleu de forma a incrementar as capacidades dos homes, mulleres, mozos e mozas.

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Champerico (municipio)
Retalhuleu (municipio)
Retalhuleu (departamento)
Axentes: 
ASOCIACIÓN MAYA OXIB`NOJ
Código CRS: 
15150 - Fortalecemento sociedade civil
Obxectivos: 

Avanzar na consolidación das estruturas organizativas de homes e mulleres cos principios e valores da Cosmovisión Maia desde os niveis comunitario e municipal para o fortalecemento do exercicio do poder local.

Resultados e actividades: 

1. Reunións con xuntas directivas para reflexionar sobre a Cosmovisión Maia e enfoque de xénero.
2. Talleres comunitarios sobre Cosmovisión Maia e enfoque de xénero.
3. Talleres sobre enfoque de xénero e Cosmovisión Maia.
4. Intercambio de experiencias comunitarias.
5. Talleres para as diferentes estruturas das 18 comunidades para construción de propostas de desenvolvemento integral.
6. Asembleas de base comunitarias para integrar organizacións locais.
7. Acompañamento a novos cadros organizativos.
8. Talleres de capacitación a líderes e lideresas sobre desenvolvemento rural integral.
9. Talleres micro rexionais
10. Talleres con líderes e lideresas comunitarios para integración de comisións.
11. Talleres sobre marco xurídico guatemalteco.

Poboación beneficiaria: 

Poboación beneficiaria directa: 20000 persoas (poboación de 18 asentamentos)
Poboación beneficiaria indirecta: 40000 persoas (poboación dos dous municipios)

Axudas: 

148.600,00 Euros