FORTALECEMENTO DA ÁREA DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA FUNDACIÓN ENTRECULTURAS EN GALICIA (4ª FASE)
Seguindo as liñas marcadas polo seu Plan estratéxico, Entreculturas presenta un proxecto de mellora da área de educación para o desenvolvemento, tras identificar as causas que provocan as debilidades detectadas para así identificar as accións de mellora a aplicar, analizar a súa viabilidade, establecer prioridades nas liñas de actuación, dispoñer dun plan das accións a desenvolver nun futuro e dun sistema de seguimento e control das mesmas, incrementar a eficacia e eficiencia da xestión e motivar ao voluntariado da organización a mellorar o nivel de calidade dos servizos educativos ofrecidos.
Os motivos que levaron a implantar un plan de mellora no eido de educación para o desenvolvemento foron as oportunidades para Entreculturas en Galicia nese eido e a superación das debilidades a través do apoio nas principais fortalezas de Entreculturas en Galicia. Por tanto, búscase producir impactos positivos directos e indirectos nas outras áreas da entidade: en cooperación internacional, en implantación territorial e mais en formación e voluntariado.
Período de execución: xuño 2010 – maio 2011
Fomentada a comprensión e o exercicio dunha cidadanía galega global comprometida coa xustiza e a solidariedade, coa erradicación da pobreza, a promoción do desenvolvemento humano e sostible e o exercicio pleno dos dereitos
- Deseño do plan de traballo anual e de acompañamento aos equipos de educación.
- Celebración de reunións cos equipos de educación das delegacións.
- Organización e celebración de 3 obradoiros de formación técnica do persoal, socios/as e voluntariado da organización.
- Distribución dos materiais educativos e de sensibilización da Campaña Cidade Planeta.
- Difusión e promoción da participación nas redes solidarias educativas dentro da Campaña Cidade Planeta entre o profesorado e alumnado dos centros educativos galegos.
- Deseño, organización e celebración dun ciclo de conferencias sobre o Sur.
20.000€ (2010: 8.000€ - 2011: 12.000€)