Proxectos

Fortalecemento da área de formación e voluntariado da Fundación Entreculturas en Galicia 2012-2014

Este proxecto ten como obxectivo e liña principal de acción promover o fortalecemento da área de formación e voluntariado e planificación estratéxica da Fundación Entreculturas en Galicia. O marco institucional de Entreculturas en Galicia vén definido polo Plan Estratéxico Galicia 2008-2012 e polo Plan de Mellora da área de formación e voluntariado 2012-2014. Para acadar a realización nos próximos tres anos deste marco institucional no eido da formación e voluntariado e planificación estratéxica, faise preciso fortalecer institucionalmente ás delegacións de Entreculturas en Galicia. Para isto, estase a ampliar e reforzar a súa capacidade para o traballo autónomo, así como a súa capacidade para asumir novos retos e funcións, dentro dunha identidade común compartida e de traballo en rede a nivel galego e estatal.

As principais accións de mellora serán o deseño, execución e seguimento dun Plan de Formación do equipo humano en Galicia e máis o reforzamento da capacidade técnica da entidade en Galicia a través do técnico que actúa como coordinador rexional.

Así, este proxecto permitirá contar con recursos humanos especializados na xestión do ciclo do voluntariado e permitirá o investimento en accións de formación do equipo humano contribuíndo á realización de accións de calidade e innovadoras nos servizos ofrecidos pola entidade en Galicia fornecendo a notoriedade e visibilidade das actividades de Entreculturas entre a súa base social. A través deste proxecto acadarase a consolidación efectiva dos equipos de persoas nas delegacións, a mellora na planificación e distribución de responsabilidade e a maior capacidade para o traballo autónomo que permiten ao voluntariado e persoas colaboradoras asumir maiores responsabilidades na execución das actividades vencelladas ao proxecto e ás áreas de traballo da entidade. O fortalecemento da área de formación e voluntariado xerará efectos multiplicadores e correctores sobre as áreas de cooperación internacional, educación para o desenvolvemento e implantación territorial en Galicia.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
92010 - Apoio a ONGD nacionais
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Fomentada a comprensión e o exercicio dunha cidadanía galega global comprometida coa xustiza e a solidariedade, coa erradicación da pobreza, a promoción do desenvolvemento humano e sostible e o exercicio pleno dos dereitos.
Obxectivo Específico: Mellorada a capacidade do equipo de persoas de Entreculturas en Galicia para a execución das liñas de acción do Plan Estratéxico na área de formación e voluntariado.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Mellorada a formación e capacitación do equipo de persoas de Entreculturas en Galicia.
Actividades:
A.1.1.1.: Deseñar, executar e avaliar o Plan de Formación do equipo de persoas de Entreculturas en Galicia.
A.1.1.2.: Deseñar e realizar accións de formación de equipos directivos das
delegacións de Entreculturas en Galicia.
A.1.1.3.: Planificar, deseñar e realizar accións de formación e intercambio de experiencias e aprendizaxes sobre as áreas de traballo de Entreculturas en Galicia.
A.1.1.4.: Planificar, deseñar e realizar actividades de formación vencelladas á sensibilización e captación de novo voluntariado nas delegacións de Entreculturas en Galicia.
Resultado 1.2.: Mellorado o acompañamento do equipo de persoas e a xestión do ciclo do voluntariado de Entreculturas en Galicia.
Actividades:
A.1.2.1.: Planificar e celebrar 12 reunións de coordinación cos responsables dos equipos de persoas e de formación e voluntariado das delegacións de Entreculturas en Galicia.
A.1.2.2.: Planificar e celebrar 6 reunións de planificación e formación da área de formación e voluntariado e implantación territorial de Entreculturas.
A.1.2.3.: Contratar unha asesoría externa para a revisión da calidade do Plan de Mellora da área de formación e voluntariado de Entreculturas en Galicia e do seu sistema de seguimento.

Axudas: 

25.000,00 (2012: 8.750,00; 2013: 16.250,00)