Proxectos

Fortalecemento da área de mobilización e educación a través da mellora da xestión, a formación e a participación da base social de Médicos do Mundo en Galicia

O obxectivo deste proxecto é promover o compromiso coa defensa dos DD.HH, o Dereito á Saúde e a Igualdade de Xénero, crítica coas causas que provocan as desigualdades e activista para conseguir un cambio social na cidadanía galega a través do fortalecemento da base social de Médicos do Mundo en Galicia. Para isto fortalecerase a área de mobilización e educación a través da mellora da xestión, a formación e a participación da base social. Os resultados que se prentende acadar son: a mellora da xestión interna da base social a través do establecemento da liña de base de participación e dun marco de coordinación entre equipo técnico, persoas referentes de voluntariado e técnicas de mobilización; desenvolver un plan de formación de voluntariado que permitirá a capacitación e empoderamento das persoas voluntarias na participación activa nos programas e noutros espazos da organización; e mellorar a implicación e a cohesión do voluntariado.

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
MÉDICOS DO MUNDO GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Promover o compromiso coa defensa dos Dereitos Humanos, o Dereito á Saúde e a Igualdade de Xénero, crítica coas causas que provocan as desigualdades e activista para conseguir un cambio social na cidadanía galega a través do fortalecemento da base social de Médicos do Mundo en Galicia.
Obxectivo Específico: Establecer á organización como referente da Comunicación para o Desenvolvemento en Galicia e aumentar a súa capacidade de obtención de fontes de financiamento diversas.
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Fortalecemento da área de mobilización e educación a través da mellora da xestión, a formación e a participación da base social de Médicos do Mundo en Galicia
Actividades
A1.1.1: Establecemento do marco de coordenación para a xestión interna da base social.
A1.1.2: Establecemento da liña base de participación para a actualización da información.
A1.1.3: Realización dunha avaliación intermedia e final da xestión interna da base social.

Resultado 1.2: Desenvolto un plan de formación de voluntariado que permite a capacitación e empoderamento das persoas voluntarias na participación activa nos programas e noutros espazos da organización.
Actividades
A1.2.1: Realización do plan de formación para o voluntariado.
A1.2.2: Realización dun obradoiro sobre a construción social de xénero.
A1.2.3: Participación no IV Cogreso de Educación para o Desenvolvemento e difusión interna da memoria.

Resultado 1.3: Mellorada a implicación e a cohesión do voluntariado a través da promoción de espazos de encontro interprogramas e da participación en órganos de goberno e de representación en redes e plataformas.
Actividades
A1.3.1: Organización de 3 encontros de voluntariado para a promoción da cohesión do voluntariado.
A1.3.2: Participación e representación da organización por persoas socias ou voluntarias en redes e plataformas.
A1.3.3: Participación de persoas socias ou voluntarias en Xuntas Directivas ampliadas.
 

Axudas: 

19.284€; 7.713,60 € (2014), 11.570,40 € (2015)