FORTALECEMENTO DA COORDINADORA GALEGA DE ONGD. EXECUCIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO NO ANO 2010
A cooperación galega ao desenvolvemento vive momentos de cambio e transformación por mor dos procesos internacionais que están a configurar os elementos básicos dunha nova arquitectónica da axuda. A Coordinadora Galega de ONGD, como asociación que integra a 48 ONGD, ten recibido desde 2005 o apoio financeiro da Xunta de Galicia para o seu fortalecemento institucional. Este apoio tense traducido na contribución activa da Coordinadora Galega de ONGD ao fortalecemento da cooperación galega ao desenvolvemento, en especial, do sector das ONGD. Este proxecto impulsará tamén as orientacións do plan estratéxico.
Período de execución:
Data de inicio:1 de xaneiro de 2010
Data de finalización:31 de decembro de 2010
Promover unha cooperación galega ao desenvolvemento de calidade e transformadora mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD
1- Consolidar un equipo profesional
2- Prestar servizos de información e comunicación interna ás ONGD
3- Difundir e aplicar o Código de conduta das ONGD en 2010
4- Executar o Plan de acción 2010 das 5 comisións de traballo
5- Celebración de seminarios
6- Publicar 5 documentos de traballo
7- Actualizar a biblioteca interdisciplinar de préstamo e consulta sobre cooperación
ao desenvolvemento
8- Celebrar unha xornada sobre Eficacia da Axuda e ONGD
9- Coordinar, organizar e difundir a Campaña Pobreza Cero en Galicia
10- Publicar e difundir 2 números do boletín semestral Galicia Solidaria.
11- Realizar unha investigación verbo da historia da cooperación galega ao
desenvolvemento e o sector das ONGD.
12- Publicar e difundir a memoria 2010 da Coordinadora Galega de ONGD
13- Manter actualizada a páxina web da Coordinadora Galega de ONGD
14- Difundir novas, comunicados e notas de prensa en relación á temática da
cooperación ao desenvolvemento
15- Consolidar as redes de traballo con outras plataformas sociais (CONGDE,
Fiare...) e actores da cooperación galega.
16- Promover xuntanzas e encontros con outros actores de cooperación e axentes
sociais galegos, españois e estranxeiros.
- Directa: ONGD galegas, integradas e non integradas na CGONGD
- Indirecta: O conxunto de axentes adicados ao mundo da cooperación ao desenvolvemento en Galicia e a sociedade galega en xeral
90.000,00 euros