Proxectos

Fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD no ano 2012

O convenio ten como obxectivo contribuír a mellorar o sistema galego de cooperación ao desenvolvemento, en especial o sector das ONGD, a través do fortalecemento institucional da Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD), que agrupa en 2012 a 48 ONGD galegas. Mediante a intervención impúlsase o fortalecemento da cooperación galega ao desenvolvemento en catro ámbitos: o servizo de comunicación externa do sector das ONGD e de información e asesoramento interno prestados dende a CGONGD; a plataforma de incidencia política e traballo en rede das ONGD; a formación e capacitación do persoal vinculado ás ONGD e outros actores da cooperación galega; e, finalmente, as capacidades da CGONGD na planificación, seguimento, control, avaliación e rendición de contas das actividades e servizos prestados ás ONGD.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Sen identificar
País: 
Sen especificar
Axentes: 
COORDINADORA GALEGA DE ONGD
Código CRS: 
99820 - Fomento de sensibilización cooperación ao desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír a mellorar o Sector Galego de Cooperación para o Desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Ao 12 mes de execución as ONGD dispoñen dun servizo fortalecido de comunicación externa do sector e de información e asesoramento interno prestados dende a CGONGD.
Actividades:
A.1.1.1.: Publicar e difundir documentos de traballo relacionados co sector da cooperación e o traballo das ONGD e as áreas de interese das Comisións de Traballo.
A.1.1.2.: Realizar actualizacións para manter en correcto funcionamento a web da CGONGD.
A.1.1.3.: Difundir novas relacionadas co sector da cooperación ao desenvolvemento entre a sociedade galega e os medios de comunicación.
A.1.4.: Comunicar, informar e asesorar ás ONGD sobre novidades de interese do sector e sobre as actividades levadas a cabo pola CGONGD.
Resultado 1.2.: Ao 12 mes de intervención as ONGD dispoñen dunha plataforma fortalecida de incidencia política e traballo en rede.
Actividades:
A.1.2.1.: Consolidar o traballo da CGONGD en rede a través de encontros e xuntanzas con outras plataformas sociais e outros actores de cooperación galega, estatal ou estranxeiros.
A.1.2.2.: Promover o traballo en rede das ONGD galegas a través do apoio e reforzo das Comisións de Traballo da CGONGD.
A.1.2.3.: Organizar, coordinar e difundir campañas de incidencia política vinculadas ao sector galego de cooperación.
Resultado 1.3.: Ao 12 mes de intervención terase promovido a formación e capacitación do persoal vinculado ás ONGD e outros actores da cooperación galega.
A.1.3.1.: Organizar, coordinar e difundir dous seminarios de formación vinculados á mellora das capacidades técnicas das ONGD e doutros actores de cooperación galegos.
A.1.3.2.: Organizar, coordinar e difundir unha formación global sobre unha temática de actualidade transversal á cooperación ao desenvolvemento orientada tanto a persoal ligado a ONGD como ao público en xeral.
A.1.3.3.: Dinamizar a biblioteca interdisciplinar de préstamo e consulta sobre cooperación ao desenvolvemento.
Resultado 1.4.: Ao 12 mes de intervención teranse fortalecido as capacidades da CGONGD na planificación, seguimento, control, avaliación e rendición de contas das actividades e servizos prestados ás ONGD.
Actividades:
A.1.4.1.: Elaborar, publicar e difundir o novo Plan Estratéxico da CGONGD para o próximo bienio.
A.1.4.2.: Deseñar e executar un plan de mellora de capacidades para a Xunta Directiva e a Secretaría Técnica da CGONGD
A.1.4.3.: Difusión e aplicación do Código de Conduta das ONGD mediante desenvolvemento de ferramenta de bo goberno e transparencia e experiencia de autoavaliación.
A.1.4.4.: Realización de xuntanzas de seguimento, monitoreo e avaliación das actividades e servizos realizados dende a CGONGD e elaboración, publicación e difusión de memorias anuais.

Poboación beneficiaria: 

Directa: ONGD galegas integradas e non integradas na CGONGD.

Indirecta: As intervencións do proxecto impulsarán o crecemento do sector da cooperación ao desenvolvemento en Galicia.

Axudas: 

90000