Proxectos

Fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD no ano 2013

O proxecto ten como obxectivo contribuír a mellorar o Sector Galego de Cooperación para o Desenvolvemento mediante o fortalecemento institucional da Coordinadora Galega de ONGD que na actualidade agrupa a 47 organizacións con presenza na nosa Comunidade Autónoma.

Ano: 
2013
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
COORDINADORA GALEGA DE ONGD
Código CRS: 
99820 - Fomento de sensibilización cooperación ao desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír a mellorar o Sector Galego de Cooperación para o Desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD.

Resultados e actividades: 

Actividades:
1.1.1: Actualizar e manter en correcto funcionamento a web da Coordinadora.
1.1.2: Difundir novas relacionadas co sector da cooperación ao desenvolvemento entre a sociedade galega e os medios de comunicación.
1.1.3: Comunicar, informar e asesorar ás ONGD sobre novidades de interese do sector e sobre as actividades levadas a cabo pola Coordinadora.
Resultado 1.2. Ao 12º mes de execución do proxecto as ONGD dispoñen dunha plataforma mellorada dende a Coordinadora para a promoción do cambio social e a defensa da política pública de cooperación en Galicia.
Actividades:
1.2.1: Elaborar, publicar e difundir documentos de traballo relacionados co sector da cooperación, vinculados a áreas de interese dos órganos da Coordinadora e a defensa da cooperación galega.
1.2.2: Organizar, coordinar e difundir campañas de incidencia política vinculadas a temáticas de interese para o sector galego de cooperación, as políticas de loita contra a pobreza e a economía solidaria.
1.2.3: Organizar, coordinar e difundir unhas xornadas temáticas orientadas a promover a loita contra a pobreza e a defensa dos dereitos humanos entre a sociedade galega.
Resultado 1.3. Ao 12º mes de execución do proxecto a Coordinadora terá aumentado a súa lexitimidade como representante do sector das ONGD en Galicia.
Actividades:
1.3.1: Promover o traballo da Coordinadora en rede a través de encontros e xuntanzas con outros actores vinculados ao social, a economía solidaria e/ou á cooperación tanto galegos como estatais ou estranxeiros.
1.3.2: Promover o traballo en rede das ONGD galegas a través do apoio e reforzo das Comisións de Traballo da Coordinadora.
1.3.3:Promover a mellora da transparencia,o bo goberno e o cumprimento do código de conduta das organizacións da Coordinadora e da propia Coordinadora.
Resultado 1.4. Ao 12º mes de execución do proxecto teranse mellorado as capacidades técnicas e os procesos internos dos órganos que conforman a Coordinadora (ONGD integradas, Xunta Directiva e Secretaría Técnica).
Actividades:
1.4.1: Organizar, coordinar, difundir e participar en seminarios de formación vinculados á mellora das capacidades técnicas para ONGD, órganos da coordinadora e outros actores de cooperación galegos.
1.4.2: Dinamizar a biblioteca interdisciplinar de préstamo e consulta sobre cooperación ao desenvolvemento.
1.4.3: Realizar xuntanzas das ONGD membros (Asembleas Xerais e reunións extraordinarias) e da Xunta Directiva para facer seguimento e monitoreo das actividades realizadas ao longo do ano e publicar memorias anuais de actividades.

Axudas: 

60.000,-