Proxectos

Fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD no ano 2014

O convenio ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Coordinadora no proxecto denominado “Fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD no ano 2014. Aumentada a lexitimidade da Coordinadora Galega de ONGD como plataforma de representación única das ONGD galegas e como plataforma de promoción do cambio social e defensa da política pública de cooperación en Galicia e mellorada a súa capacidade na prestación de servizos ás ONGD socias”.

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Axentes: 
COORDINADORA GALEGA DE ONGD
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: contribuír á mellora do Sector Galego de Cooperación para o Desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD, a través da realización das actuacións que se describen no anexo que se achega como parte integrante do presente convenio.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1. Melloradas as capacidades técnicas e procesos internos dos órganos da Coordinadora (Xunta Directiva, Secretaría Técnica e ONGD integradas)
1.1.1: Organizar, coordinar e difundir un obradoiro sobre captación de fondos privados dirixido a ONGD e aberto a outros axentes de cooperación galega e entidades sociais.
1.1.2: Organizar, coordinar e difundir unha sesión de traballo conxunto para mellorar os procesos nos proxectos de Educación para o Desenvolvemento orientado ás ONGD integradas.
1.1.3: Organizar, coordinar e difundir un obradoiro sobre gravación e edición de vídeo dirixido á ONGD integradas na Coordinadora e aberto a outros actores de cooperación e entidades sociais.
1.1.4: Realizar xuntanzas coas ONGD membros (Asembleas Xerais e reunións extraordinarias) e da Xunta Directiva para facer seguimento e monitoreo das actividades realizadas, mellorar os procesos internos a través da formación e reforzo interno dos órganos da Coordinadora e publicar memorias anuais de actividades para avaliación e rendición de contas.
Resultado 1.2. As ONGD integradas na Coordinadora dispoñen dun servizo mellorado de comunicación e visibilización externa e de información e asesoramento interno
1.2.1: Actualizar e manter en correcto funcionamento a web da Coordinadora.
1.2.2: Difundir novas relacionadas co sector da cooperación ao desenvolvemento entre a sociedade galega e os medios de comunicación.
1.2.3: Comunicar, informar e asesorar ás ONGD sobre novidades de interese do sector e sobre as actividades levadas a cabo pola Coordinadora mediante a difusión de novas, a publicación e difusión de documentos de interese e o asesoramento individual.
1.2.4: Organizar, coordinar e difundir unha formación para a elaboración de plans de comunicación dirixido a ONGD integradas na Coordinadora.
Resultado 1.3. As ONG integradas na Coordinadora dispoñen dunha plataforma mellorada de promoción do cambio social e defensa da política pública de cooperación en Galicia
1.3.1: Organizar, coordinar e difundir campañas de incidencia vinculadas a temáticas de interese para o sector galego de cooperación: comercio xusto, loita contra a pobreza, economía solidaria e defensa dos DDHH.
1.3.2: Organizar, coordinar e difundir unhas xornadas temáticas orientadas a promover a loita contra a pobreza e a defensa dos dereitos humanos entre a sociedade galega.
1.3.3: Organizar, coordinar e difundir uns premios sobre comunicación social en Galicia.
Resultado 1.4. Aumentada a lexitimidade da Coordinadora como representante das ONGD galegas
1.4.1: Promover o traballo da Coordinadora en rede a través da pertenza a redes e plataformas e da participación en encontros e xuntanzas con outros actores vinculados ás políticas sociais, á economía solidaria e/ou á cooperación, tanto galegos como estatais ou estranxeiros.
1.4.2: Promover o traballo en rede das ONGD galegas a través do apoio e reforzo á actividade das cinco Comisións de Traballo da Coordinadora e dos diferentes grupos de traballo territoriais (reunións internas e externas, formacións, documentación,..).
1.4.3: Promover a mellora da transparencia,o bo goberno e o cumprimento do código de conduta das organizacións da Coordinadora e da propia Coordinadora.
1.4.4: Promover a creación de espazos de reflexión ao interno sobre temáticas de interese para as ONGD integradas.
 

Axudas: 

90000