Proxectos

Fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD no ano 2015

O convenio ten como obxectivo contribuír á mellora do sector galego de cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da CGONGD; aumentando a lexitimidade desta como plataforma de representación única das ONGDs galegas e de promoción do cambio social e da defensa de política pública de cooperación en Galicia; mellorando o servizo de comunicación e visibilización externa e de información e o asesoramento interno, as capacidades técnicas e procesos internos da Coordinadora.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
COORDINADORA GALEGA DE ONGD
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír á mellora do sector galego de cooperación para o desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD.
Obxectivo específico: Aumentada a lexitimidade da Coordinadora como plataforma de representación única das ONGD galegas e como plataforma de promoción da transformación social e a defensa da política pública de cooperación e mantida a súa capacidade na prestación de servizos ás ONGD socias.
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1. Melloradas as capacidades técnicas e procesos internos dos órganos da Coordinadora (Xunta Directiva, Secretaría Técnica e ONGD integradas).
Actividades
A1.1.1: Realizar xuntanzas coas ONGD membros (Asembleas Xerais e reunións extraordinarias) e da Xunta Directiva para facer seguimento e monitoreo das actividades realizadas; mellorar os procesos internos a través da formación e reforzo interno da Xunta Directiva e Secretaría Técnica; e publicar memorias anuais de actividades para avaliación e rendición de contas.
A1.1.2: Organizar, coordinar e difundir a posta en marcha obradoiros de formación en formulación de proxectos dirixido a ONGD socias e aberto a outras entidades.
A1.1.3: Organizar, coordinar e difundir a posta en marcha dun curso sobre diversificación de fondos para ONGD socias e aberto a outras entidades.
A1.1.4: Organizar, coordinar e poñer en marcha un obradoiro sobre uso de ferramentas audiovisuais para creación de campañas dirixido a ONGD integradas e aberto a outras entidades
A1.1.5: Organizar e coordinar a primeira fase de avaliación da Planificación Estratéxica 2012-2015
Resultado 1.2. As ONGD socias da Coordinadora melloran a súa comunicación externa e dispoñen dun servizo estable de comunicación externa e información interna.
Actividades
A1.2.1: Difundir novas relacionadas co sector da cooperación ao desenvolvemento entre a sociedade galega e os medios de comunicación, actualizar e manter un funcionamento e estrutura axeitada da web e boletín externo da Coordinadora e fomentar o uso de ferramentas audiovisuais
A1.2.2: Comunicar, informar e asesorar ás ONGD sobre novidades de interese do sector e sobre as actividades levadas a cabo pola Coordinadora mediante a difusión de novas, a publicación e/ou difusión de documentos de interese o envío de comunicados internos e o asesoramento a cuestións concretas
A1.2.3: Organizar, coordinar, difundir a segunda parte da formación para a elaboración de plans de comunicación dirixido a ONGD integradas na Coordinadora e aberto outras entidades
A1.2.4: Organizar, coordinar e difundir un encontro con xornalistas e ONGD socias
Resultado 1.3. As ONGD socias dispoñen dunha plataforma mellorada dende a que promover os seus obxectivos comúns de transformación social e defensa da política pública de cooperación para o desenvolvemento en Galicia.
Actividades
A1.3.1: Organizar, coordinar e difundir a posta en marcha dunhas xornadas sobre educación transformadora en Galicia abertas ao público xeral e axentes educativos.
A1.3.2: Organizar, coordinar e difundir a posta en marcha dunhas xornadas sobre a Axenda Internacional de Desenvolvemento Post-2015 abertas a público xeral e outros axentes de cooperación.
A1.3.3: Organizar, coordinar e poñer en marcha campañas e actividades de incidencia político social vinculadas a temáticas de interese para as ONGD socias: comercio xusto, loita contra a pobreza e desigualdade, economía solidaria, defensa da cooperación e dos DDHH.
Resultado 1.4. Aumentada a lexitimidade da Coordinadora como representante das ONGD galegas.
Actividades
A1.4.1: Promover o traballo da Coordinadora en rede a través da pertenza a redes e plataformas e da participación en encontros e xuntanzas con outros actores vinculados ás políticas sociais, á economía solidaria e/ou á cooperación, tanto galegos como estatais ou estranxeiros.
A1.4.2: Promover o traballo en rede das ONGD galegas a través do apoio e reforzo á actividade das 5 Comisión de Traballo da Coordinadora e dos diferentes grupos de traballo territoriais (reunións internas e externas, formacións sobre eixos de interese, documentación,..)
A1.4.3: Promover a mellora da transparencia,o bo goberno e o cumprimento do código de conduta das organizacións da Coordinadora e da propia Coordinadora.
A1.4.4: Promover a creación e/ou participación en espazos de reflexión sobre temáticas de interese para as ONGD integradas.
A1.4.5: Promover o achegamento da Coordinadora a ONGD non socias

Axudas: 

90000