Proxectos

Fortalecemento da educación rural inclusiva e o acceso ás TIC en 40 escolas de Santo Antonio Suchitepéquez, Guatemala

O proxecto contribuirá ao exercicio pleno do dereito a unha educación de calidade en 40 escolas públicas rurais vulnerables do municipio de San Antonio Suchitepéquez, departamento de Suchitepéquez, Guatemala, favorecendo especialmente a redución do abandono escolar en nenas e poboación en situación de vulnerabilidade.

Ano: 
2026
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Suchitepequez (departamento)
Axentes: 
COOPERACIÓN INTERNACIONAL ONG GALICIA
Contraparte: 

Fundación para o Desenvolvemento Integral de programas socio-económicos FUNDAP

Código CRS: 
11220 - Educación primaria
11320 - Ensino secundario xeneralizado en todos os seus ciclos
Obxectivos: 

Xeral:   Contribuír á plena realización do dereito a unha educación de calidade en escolas rurais vulnerables do departamento de Suchitepéquez, promovendo unha redución das taxas de abandono escolar, especialmente entre as nenas.

Específico:   Aumentar as oportunidades de aprendizaxe de calidade, inclusiva e equitativa para o alumnado de 40 escolas públicas rurais do municipio de San Antonio Suchitepéquez, contribuíndo a unha redución das taxas de abandono escolar.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. 280 docentes de nivel primario e preprimario (55% mulleres docentes) de 40 escolas públicas rurais do municipio de San Antonio Suchitepéquez se actualizan pedagoxicamente, premitindo que o alumnado (49% nenos e 51% nenas) acceda a unha educación de calidade.

A.1.1.1. Actualización e revisión participativa dos PEI en 40 escolas (16 horas por escola).

A.1.1.2. Diplomado de Formación do Profesorado (96 horas).

RE 2.1. 5.000 nenos e nas melloran aprendizaxes mediante a implementación de metodoloxías e técnicas de ensino innovadoras, reforzadas coa dotación de equipamento tecnolóxico nos seus centros.

A.2.1.1. Proceso de cotización, adquisición e entrega de equipamento tecnolóxico.

A.2.1.2. Adquisición e entrega de bibliografía especializada.

A.2.1.3. Diplomado Tecnoloxía na Aula para 120 profesores (96 horas).

RE 3.1. Fortalecemento da cohesión da Comunidade Educativa mediante o fomento da participación activa de nais e pais en actividades de apoio escolar e apoio a familias vulnerables, promovendo a participación das mulleres para previr o abandono escolar.

A.3.1.1. Sensibilización de 1.000 nais e pais de familia.

A.3.1.2. Formación de 120 nais multiplicadoras en estimación oportuna (80 horas).

RE 4.1. Fomentada unha cultura de paz e convivencia pacífica en 40 escolas públicas rurais de San Antonio Suchitepéquez mediante prácticas restaurativas.

A.4.1.1. Elaboración de Plans de Convivencia Escolar (20 horas por escola).

A.4.1.2. Formación en resolución innovadora de conflitos (48 horas).

Poboación beneficiaria: 

Directa: 6.484 persoas (593 homes, 891 mulleres, 2.450 nenos e 2.550 nenas)

Indirecta: 32.425 persoas (2.970 homes, 4.455 mulleres, 12.250 nenos e 12.750 nenas)

Axudas: 

Xunta de Galicia:   141.700,63 € (49.595,22 € en 2026 y 92.105,41 € en 2027)