Fortalecemento da empregabilidade dos participantes no curso de “Modelismo: modelado manual de embarcacións para a pesca artesanal” no Salvador
Esta intervención pretende apoiar e asesorar a FUNDEMOSPAZ no desenvolvemento de competencias para o emprego e ás institucións con competencias en emprego para a identificación de nichos de traballo que reduzan a dependencia das importacións de produtos e equipos para o sector marítimo pesqueiro construídos en poliéster reforzado en fibra de vidro (PRFV). Traballarase para fortalecer a empregabilidade das persoas que se están a formar na parte técnica para a construción do modelo e molde dunha embarcación (3 mulleres y 7 homes) no marco doutro proxecto que conta co financiamento da AECID.
Fundación para la Democracia, Seguridad y Paz (FUNDEMOSPAZ), o Instituto Salvadoreño de Formación Profesional (INSAFORP), a Comisión Nacional de la Micro y Pequeña Empresa (CONAMYPE), o Banco de Desarrollo de El Salvador – BANDESAL e a Fundación Promotora de la Competitividad de la Micro y Pequeña Empresa – CENTROMYPE.
Obxectivo xeral: Reducir o desemprego xuvenil a través da xeración de ingresos por parte dos mozos e mozas salvadoreñas contribuíndo á redución dos índices de violencia e a emigración.
Obxectivo específico: Contribuír a mellorar a empregabilidade da poboación en situación de pobreza e exclusión.
Resultado 1: Deseñados e implementados de forma participativa os contidos dos módulos de habilidades brandas e formación para o emprego que complemente a formación específica e contribúa a mellorar as capacidades das comunidades pesqueiras e poboación costeira en xeral en situación de pobreza e exclusión.
Actividade 1.1. Deseño e implementación do contido formativo sobre habilidades brandas e formación para o emprego dirixido a mellorar a empregabilidade da poboación en situación de pobreza e exclusión.
Resultado 2: Reforzada a empregabilidade das persoas con formación na parte técnica para a construción do modelo e molde dunha embarcación e na parte de habilidades brandas e formación para o emprego.
Actividade 2.1. Análise dos nichos de mercado para os/as modelistas modeladores de pezas en PRFV e deseño da estrutura dos plans de negocio específicos deste sector.
Actividade 2.2. Acompañamento laboral e titorización do persoal formado en “Modelismo. Modelado manual de embarcacións para a pesca artesanal”.
Directa:
- Alumnos formados no curso de “Modelismo. Modelado manual de embarcacións para a pesca artesanal” (3 mulleres e 7 homes) que actuarán como axentes multiplicadores da formación potenciando os grupos de traballo mixtos e propiciando o desenvolvemento igualitario a nivel funcional.
- Instituto Salvadoreño de Formación Profesional (INSAFORP), que verá reforzada súa capacidade de xestión da formación profesional a nivel nacional.
- Comisión Nacional de la Micro y Pequeña Empresa (CONAMYPE), que verá fortalecida súa unidade de Mercadeo e Comercialización en intelixencia de mercado, comercialización, oportunidades de mercado e roldas de negocios para incrementar os niveis de venta das MYPE e incursionar en novos nichos de mercado para o sector da construción de modelos e moldes de embarcacións para o sector pesqueiro.
- Banco de Desarrollo de El Salvador (BANDESAL), que verá reforzados os coñecementos do sector marítimo-pesqueiro e os mecanismos de desenvolvemento da micro, pequena e mediana empresa, a xeración de emprego e en consecuencia o desenvolvemento económico do país.
Indirecta:
- Comunidades pesqueiras/ FECOOPAZ: 432 homes y 188 mulleres de 25 asociacións que conforman FECOOPAZ e que buscan, despois de unha formación cualificada, un posto de traballo.
- Poboación costeira e xuvenil en situación de pobreza e exclusión.
Axuda Xunta de Galicia: 30.000,00 € (2018)