Fortalecemento da implantación social da Fundación Entreculturas en Galicia (Fase 1ª)
Este proxecto da Fundación Entreculturas – Fe e Alegría, pretende contribuír a unha mellora do coñecemento, influencia e notoriedade da organización especialmente nas cidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. O obxectivo do mesmo é o de fortalecer e consolidar a base social galega da Fundación Entreculturas, composta por socios/as, doantes, colaboradores/as e seguidores/as en redes sociais, durante o curso 2015 – 2016. Para facelo, o proxecto traballará entorno a tres eixes: 1- mellorar o crecemento de socios/as e seguidores/as en RR.SS. a través dunha estratexia de captación en varios tempos e on line; 2- mellorar a fidelización dos socios/as e doadores/as en Galicia; e 3- mellorar a formación do voluntariado das delegacións galegas sobre captación e comunicación dixital.
Obxectivo xeral: Contribuír a unha mellora do coñecemento, influencia e notoriedade da Fundación Entreculturas en Galicia, especialmente nas cidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo
Obxectivo específico: Fortalecer e consolidar a base social galega da Fundación Entreculturas, composta por socios, doadores, colaboradores e seguidores en redes sociais, durante o curso 2015 – 2016
Resultado 1.1. Mellorado o crecemento de socios/as e seguidores/as en RR.SS. a través dunha estratexia de captación en varios tempos e on line.
Actividades
A1.1.1. Deseño e execución dunha campaña de captación de socios/as en Galicia empregando técnicas de telemarketing.
A1.1.2. Deseño e execución dunha campaña de captación de socios/as e seguidores en RR.SS. en Galicia a través dun servizo de marketing on line e de posicionamento 2.0.
Resultado 1.2. Mellorada a fidelización dos socios/as e doadores/as en Galicia.
Actividades
A1.2.1. Deseño e execución de accións de fidelización da base social galega.
A1.2.2. Rendición de contas á base social galega: xuntanzas coa base social en A Coruña e Vigo.
Resultado 1.3. Mellorada a formación do voluntariado das delegacións galegas sobre captación e comunicación dixital.
Actividades
A1.3.1. Deseño e execución de actividades de formación e intercambio de experiencias sobre base social para o conxunto das tres delegacións galegas.
A1.3.2. Deseño e execución de actividades específicas de formación para as persoas das delegacións galegas que xestionan as RR.SS. e a comunicación coa base social.
Actividades comúns a todos os resultados
A1.4.1. Coordinación do proxecto, xestión técnica, económica, seguimento e avaliación das actividades.
25.000,00 €; 10.000,00 €(2015) e 15.000,00 € (2016)