Proxectos

Fortalecemento da intervención público-comunitaria na loita contra a violencia de xénero en Matola. Mozambique.

A través do presente proxecto (continuación da intervención “Mellorar o exercicio dos dereitos de saúde sexual e reprodutiva das/os mozas/os do distrito de Matola, (provincia de Maputo, Mozambique” financiado pola Xunta de Galicia na convocatoria de 2015), Médicos do Mundo (MdM) e os seus socios locais AJPJ e ACODEMU queren contribuír á creación dun sistema integral na defensa dos dereitos humanos das mulleres e as mozas, centrado especificamente na redución do número de casos de violencia de xénero (VdG) no Distrito de Matola.
 

Ano: 
2016
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Matola
Axentes: 
MÉDICOS DO MUNDO GALICIA
Contraparte: 

Associação Comunitária para ou Desenvolvimento dá Mulher (ACODEMU); AJPJ - Associação Jovem para Jovem.

Código CRS: 
130 - Políticas de poboación e saúde reprodutiva
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír á creación dun sistema integral na defensa dos dereitos humanos das mulleres e as mozas do Distrito de Matola.
Obxectivo Específico: Fortalecer a resposta institucional e comunitaria para a mellora do acceso e da calidade dos servizos integrais de prevención, tratamento e seguimento dos casos de VdG no Distrito de Matola.
 

Resultados e actividades: 

Resultados e actividades:
R.1.1. Fortalecido o Mecanismo Multisectorial de Asistencia Integrada á Muller Vítimas de Violencia (MMAIMVV) na identificación e seguimento de casos de VdG
A.1.1.1. Incorporación de plataforma de telefonía móbil e soporte informático no CAI
A.1.1.2. Formación dos traballadores do CAI no uso da plataforma M-Healh e gravación de datos
A.1.1.3. Campaña de difusión do servizo telefónico do CAI en distrito de Matola.

R.1.2. Creada unha rede comunitaria de seguimento e protección das vítimas de VdG
A.1.2.1. Selección e Formación dos puntos focales de xénero e masculinidad
A.1.2.2. Dinamización e monitoreo das actividades de prevención da VdG por parte dos puntos focales de xénero e masculinidade.

R.1.3. Reforzado o papel dos grupos xuvenís na prevención, monitoria e denuncia da violencia de xénero
A.1.3.1. Formación dos activistas alumnos e profesores nas escolas e nos SAAJs.
A.1.3.2. Dinamización e monitoreo das actividades dos núcleos escolares e dos SAAJs.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria directa ascende a un total de 571 persoas, entre as que se atopan 439 mulleres vítimas de violencia de xénero e doméstica, 84 homes e 24 nenos e 24 nenas.
Indirecta: Segundo estimación do INE, a poboación total do Distrito da Cidade de Matola, en 2016 corresponde aproximadamente a 962.075 persoas, dos cales 497.745 son mulleres, 3.788 nenos e 4.888 nenas. Fan un total de 912.450 persoas.
 

Axudas: 

50.000,00 € (2016)