Fortalecemento da lexitimidade social de ESF-Galicia: transparencia, comunicación e base social 2014-2015
ESF Galicia para conseguir a implicación da base social e a súa continuidade no tempo aposta pola formación e a participación para que así se coñeza o posible impacto das accións que leva a cabo e sexa unha verdadeiro espazo de promoción de pensamento crítico. Por outra banda, mellorar a comunicación externa de ESF permitirá a posibilidade de incrementar a curiosidade e as gañas de participar de potenciais novos voluntarios e voluntarias así como persoas socias.
Trátase de desenvolver un proceso de mellora continua e tratar de que as accións levadas a cabo, tanto interna como
externamente, sexan eficientes e se rexan por principios de calidade.
O proxecto que se presenta ten polo 3 liñas principais: a transparencia e bo goberno de ESF Galicia, a mellora da comunicación externa da asociación e o fortalecemento e ampliación da súa base social.
Obxectivo Xeral: Aumentada a lexitimidade social e a calidade das accións de ESF Galicia.
Obxectivo Específico: Aumentada a transparencia, bo goberno e coñecemento sobre ESF Galicia e as súas temáticas.
Resultado 1.1: Mellorada a transparencia e o bo goberno de ESF Galicia
Actividades
A1.1.1: Realización de auditoría interna de indicadores de transparencia e boa gobernanza, supervisada pola CGONGD
A1.1.2: Realización de auditoría de contas, con elaboración de documentación econ elaboración de documentación e auditoría efectiva
A1.1.3: Creación dun informe de erros de funcionamento dentro dos grupos de ESF
Resultado 1.2: Mellorada a comunicación externa de ESF Galicia
Actividades
A.2.1: Elaboración da memoria de actividades
A1.2.2: Migración dos blogues e integración nunha nova web común á Federación ISF
A1.2.3: Mantemento e dinamización das canles 2.0 de comunicación,wiki e da páxina web, así como e difusión en medios de comunicación
A1.2.4: Completar inventario de materiais
Resultado 1.3: Fortalecida e ampliada a base social de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Actividades
A1.3.1: Plan de formación da base social de ESF
A1.3.2: Campaña de mellora da comunicación coa base social de ESF Galicia
A1.3.3: Campaña de ampliación da base social de ESF Galicia
A1.3.4: Mellora da Área de voluntariado
A1.3.5: Obradoiros intercambio internos sectoriais
A1.3.6: Encontros da base social
25.000 €; 10.000(2014), 15.000 (2015)