Fortalecemento da pertinencia cultural e a integralidade da atención en saúde sexual e reprodutiva das mulleres indíxenas en 3 municipios do Departamento do Quiché, Guatemala
O proxecto céntrase no fortalecemento da integralidade e a pertinencia cultural da atención en Saúde Sexual e Reprodutiva en 3 municipios do Departamento do Quiché, con énfase nas mulleres indíxenas, complementando accións e esforzos institucionais e comunitarios. Executarase en comunidades dos 3 municipios (Santa María Nebaj, San Juan Cotzal e Chajul) da área Ixil do Departamento do Quiché, identificándose a poboación meta de maneira maioritaria coa etnia Quiché e concentrándose en áreas rurais caracterizadas pola deterioración das condicións ambientais, un deficitario acceso a servizos sociais básicos e unha elevada vulnerabilidade nutricional.
Asociación de Servicios Comunitarios de Salud (ASECSA)
Obxectivo xeral: Contribuír á mellora das condicións de acceso á saúde das mulleres indíxenas da área rural do Departamento do Quiché.
Obxectivo específico: Mellorar a pertinencia cultural e a integralidad dos servizos de Saúde Sexual e Reprodutiva na atención ás mulleres indíxenas de 3 municipios do Departamento do Quiché.
Resultado 1.1: As mulleres indíxenas de 3 municipios do Quiché teñen acceso a servizos de Saúde Sexual e Reprodutiva con enfoque de dereitos e pertinencia cultural a partir da mellora das capacidades da área de Saúde Ixil.
Actividades
A.1.1. Desenvolvemento dun plan de mellora formativa sobre prácticas tradicionais en Saúde Sexual e Reprodutiva e pertinencia cultural, dirixido a persoal sanitario dos centros e postos de saúde.
A.1.2. Promoción sobre a importancia do control prenatal nos centros e postos de saúde da área Ixil.
A.1.3. Mellora do equipamento e dotación de medicamentos para a atención en Saúde Sexual e Reprodutiva en 6 centros e postos de saúde de 3 municipios da área Ixil do departamento do Quiché.
Resultado 1.2: Reforzadas as capacidades e compromiso comunitario en materia de Saúde Sexual e Reprodutiva a través da mellora na identificación de situacións de risco das mulleres durante o embarazo, o parto e/ou puerperio nos 3 municipios de intervención.
Actividades
A.2.1. Desenvolvemento dun plan de capacitación sobre parto, postparto, atención adecuada do recentemente nado e a importancia e efecto do baño do temazcal.
A.2.2. Mellora do equipamento complementario en 30 temazcales para o baño de nais durante a súa pre e postparto como tratamento curativo.
A.2.3. Realización dun estudo situacional dos factores de risco relacionados coa mortalidade materna nos municipios de intervención en colaboración co Observatorio de Saúde Reprodutiva (OUSAR).
Resultado 1. 3: Incorporado o enfoque de dereitos nos plans de información e incidencia comunitaria, con pertinencia cultural, para a superación das causas que contribúen ás demoras na atención en Saúde Sexual e Reprodutiva, así como a prevención da violencia contra as mulleres na zona de intervención.
Actividades
A.3.1: Fortalecemento da organización e da capacidade de incidencia política da comisión de comadronas da área Ixil.
A.3.2: Desenvolvemento dun Plan de promoción en saúde materna infantil, saúde sexual e reprodutiva e prevención de violencia contra a muller, dirixida a 150 mulleres en idade fértil.
A.3.3: Realización de dous talleres de sensibilización e incidencia no ámbito comunitario para a promoción dos dereitos sexuais e reprodutivos e a prevención da violencia contra as mulleres.
A.3.4: Elaboración de diagnósticos participativos, entre mulleres usuarias, comadronas e persoal de saúde do ámbito de intervención, acerca da adecuación cultural e de xénero da atención prestada.
Directa: 2.385 persoas (1.565 mulleres e 820 homes)
Indirecta: 166.336 persoas (83.454 mulleres e 82.882 homes) beneficiaranse indirectamente do impacto da intervención.
49.725,00 € (2014)