Proxectos

Fortalecemento da pertinencia cultural e a integridade da atención en saúde sexual e reprodutiva das mulleres indíxenas en 3 municipios do Departamento de El Quiché, Guatemala. Fase II.

O proxecto forma parte dunha estratexia máis ampla, compartida polos actores da intervención, que céntrase no fortalecemento da integridade e a pertinencia cultural da atención en Saúde Sexual e Reprodutiva en 3 municipios do Departamento de El Quiché, con énfase nas mulleres indíxenas, complementando accións e esforzos institucionais e comunitarios. Constitúe a Fase II dun proxecto anteriormente financiado pola Xunta de Galicia na convocatoria de 2014.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
El Quiché (departamento)
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Contraparte: 

Asociación de Servicios Comunitarios de Salud (ASECSA)

Código CRS: 
122 - Saúde básica
13020 - Atención saúde reprodutiva
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír á mellora das condicións de acceso á saúde das mulleres indíxenas do área rural do Departamento de El Quiché.
Obxectivo específico: Mellorar a pertinencia cultural e a integridade dos servizos de Saúde Sexual e Reprodutiva na atención ás mulleres indíxenas de 3 municipios do Departamento de El Quiché.
 

Resultados e actividades: 

Resultado.1.1 As mulleres indíxenas de 3 municipios de El Quiché melloran o seu acceso a servizos de Saúde Sexual e Reprodutiva con enfoque de dereitos e pertinencia cultural, a partir do fortalecemento das capacidades da rede institucional (Área de Saúde Ixil) e comunitaria (comisión de comadroas do Área Ixil).
Actividades
A.1.1.1 Mellora da infraestrutura para a atención en Saúde Sexual e Reprodutiva en 6 centros e postos de saúde, de 3 municipios do Área Ixil.
A.1.1.2 Mellora da infraestrutura en 30 temazcales para a atención das mulleres durante o parto e posparto.
A.1.1.3 Realización de capacitacións especializadas en atención durante o parto, o posparto e primeiros coidados do recentemente nacido, dirixido ó persoal sanitario dos postos e centros de saúde e ás comadroas das comunidades de intervención.
A.1.1.4 Dotación de equipo complementario e insumos médicos en 6 centros e postos de saúde e 30 temazcales, para a atención en Saúde Sexual e Reprodutiva.
Resultado.1.2 Aplicados plans comunitarios de emerxencia para a identificación temperá e correcta referenciación de mulleres indíxenas en situación de risco durante o embarazo, o parto e/ou puerperio en 15 comunidades dos 3 municipios de intervención.
Actividades
A.1.2.1 Realización de obradoiros de especialización e intercambio entre 30 comadroas comunitarias e 15 membros do persoal da rede de centros e postos de saúde, para a mellora da atención en Saúde Sexual e Reprodutiva, con enfoque de xénero e pertinencia cultural.
A.1.2.2 Elaboración dunha líña de base, en coordinación coa rede institucional de saúde, sobre os factores que inflúen nas demoras da atención obstétrica nas comunidades de intervención.
A.1.2.3 Elaboración de 15 planes comunitarios de emerxencia para a redución da mortalidade materna nas comunidades de intervención.
A.1.2.4 Conformación de 3 comités comunitarios para o seguimento e avaliación na aplicación dos plans comunitarios de emerxencia, en coordinación coa rede institucional de saúde.
Resultado.1.3 Desenvolvidas accións de información, sensibilización e incidencia para o fortalecemento do compromiso comunitario no exercicio dos dereitos sexuais e reprodutivos e a prevención da violencia contra as mulleres nas comunidades de intervención.
Actividades
A.1.3.1 Realización dunha campaña de sensibilización e información dirixida á poboación en xeneral dos 3 municipios, para a promoción da equidade de xénero e os dereitos humanos das mulleres e nenas.
A.1.3.2 Fortalecemento da organización e da capacidade de incidencia política da comisión de comadroas do área Ixil.
A.1.3.3 Realización de 3 charlas de promoción dos dereitos sexuais e reprodutivos dirixidos ás mulleres en idade fértil de cada unha das comunidades de intervención.
A.1.3.4 Realización de 3 charlas de promoción dos dereitos sexuais e reprodutivos dirixidos aos homes en idade fértil de cada unha das comunidades de intervención.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria directa ascende a 5.315 persoas e serán principalmente mulleres en idade adulta de 42 comunidades de 3 municipios del Quiché: polo menos 1.200 mulleres embarazadas procedentes dos 3 municipios de referencia, que recibirán atención en calquera das etapas de xestación por parte das comadroas do Área Ixil e a Rede Institucional de Servizos de Saúde do MSPAS durante o tempo de execución do proxecto (40 mulleres por ano), 30 Comadroas Tradicionais do área Ixil de 3 municipios del Quiché, 15 enfermeiras profesionais e auxiliares de enfermería de 15 centros e postos de Saúde do Área de Saúde Ixil responsables das relacións coas comadroas tradicionais, 985 familias que melloran as súas condicións de acceso a servizos de SSR, 120 mulleres e 120 homes en idade fértil que melloran os seus coñecementos sobre saúde materna infantil, SSR e prevención de violencia contra as mulleres (VCM), 6 centros e postos de saúde e 30 temazcales que mellorarán o seu equipamento e dispoñibilidade de medicamentos para a mellora da atención en SSR, polo menos 5.315 persoas que dispoñerán de información adecuada sobre os beneficios da planificación familiar, os riscos de embarazos en adolescentes, infeccións de transmisión sexual, VIH, SIDA e temas vinculados aos dereitos sexuais e reprodutivos e prevención da VCM, a través dos plans de información e incidencia.
Indirecta: A poboación indirectamente beneficiada ascende a 185.788 e está conformada polo resto de poboación situada no área de intervención, na medida que podan ser beneficiados por calquera dos compoñentes principais do proxecto, a partir dos ratios de cobertura: (1) Rede de comadroas tradicionais (aprox. o 25% das mulleres), (2) a mellora da accesibilidade aos servizos de SSR en 6 establecementos (aprox. o 15% da poboación), e (3) o compoñente de información, sensibilización e incidencia en SSR e VCM a desenvolver a través de accións de comunicación, (aprox. o 20% da poboación).
 

Axudas: 

172.000,00 € (2015: 86.000,00 €; 2016: 86.000,00€)