Proxectos

Fortalecemento da Rede de Eco Hortas escolares

A proposta que expoñemos ten como obxectivo específico promover unha cidadanía concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sustentables. Traballarase a partir dunha liña de acción focalizada na educación formal, dentro dunha rede de traballo colaborativo de recente creación ao redor das hortas escolares.  

O proxecto enfócase dende unha perspectiva global, que pretende afondar nas Hortas Ecolóxicas Escolares, como recurso educativo de gran potencial para reflexionar sobre a insustentabilidade global do noso modo de vida e os impactos que ten na conservación do planeta, así como posibilitar a reconexión das novas xeracións co coidado da terra e co cultivo dos alimentos.

As súas liñas de acción son:

  • Introducir o enfoque de cidadanía global nos proxectos de hortas escolares da comunidade escolar galega.
  • Facilitar a utilización da agricultura ecolóxica como recurso educativo na comunidade escolar galega.

As actuacións propostas inciden especialmente en colectivos con alta capacidade de réplica (docentes, familias...) combinando diferentes dimensións da EpD (sensibilización, formación e participación e mobilización social).

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Promover unha cidadanía concienciada e participativa na construción de modelos alimentarios máis sustentables.

Obxectivo específico: Promovidos espazos e recursos para o traballo en produción ecolóxica e alimentación sustentable na educación formal en Galicia.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Introducido o enfoque de cidadanía global nos proxectos de hortas escolares da comunidade escolar galega.

A1.1.1 Elaborar un dossier pedagóxico sobre agroecoloxía e soberanía alimentaria.

A1.1.2 Compartir na Rede actividades exitosas asociadas á horta escolar.

RE 1.2 Facilitada a utilización da agricultura ecolóxica como recurso educativo na comunidade escolar galega.

A1.2.1 Posta en marcha das “Eco Hortas Amigas da Rede”.

A.1.2.2 Apoio técnico para o desenvolvemento da horta nos 8 centros integrados na Rede.

A1.2.3 Formación básica en agricultura ecolóxica para docentes e familias dos centros da Rede.

            A2. Celebrar xuntanzas cos centros educativos participantes, coordinar e dinamizar as actividades, comunicación e xestión técnica e económica do proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa: A estimación de poboación participante é de 596 persoas e 11 centros escolares, todos eles como beneficiario/as directos/as, as cales, tendo en conta as liñas de acción lévanos a unha achega potencial de 11 centros, escolares galegos, 8 ANPAS, 22 docentes, 550 nenos/as e 24 pais e nais de alumnos/as.

Indirecta: Como participantes indirectos estímanse as comunidades educativas dos centros que se integrarán na Rede de Hortas Escolares (300 alumnos/as de media por cada un dos centros, en total 2.400).

Axudas: 

  Axuda Xunta de Galicia: 18.020,00 €  (2019:7.208,00 €;  2020:10.812,00 €)