Proxectos

Fortalecemento da resiliencia da poboación refuxiada vulnerable proveniente de contextos en crises humanitarias en Adís Abeba, Etiopía

A presente proposta sitúase na capital de Etiopía, Adís Abeba e ten como obxectivo contribuír a dar resposta ás crises humanitarias recentes tanto neste país como nos países veciños. Nos últimos anos Etiopía recibiu movementos masivos de persoas desprazadas forzosamente. Concretamente, o conflito en Tigray - unha rexión do norte do país -, conflitos armados en Sudán, Sudán do Sur e Somalia, xunto coa situación actual de seca e escaseza de choivas, deixaron a milleiros de persoas en situación de extrema vulnerabilidade e pobreza. O proxecto busca incrementar o acceso a artigos e servizos de primeira necesidade e mellorar o benestar psicosocial e a saúde mental das persoas refuxiadas e da comunidade de acollida. A intervención integra o enfoque de dereitos, a perspectiva de xénero e o imperativo humanitario de asistir e protexer os colectivos máis vulnerables

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
ETIOPÍA
Zona de actuación: 
Addis Abeba
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

JRS Ethiopia

Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
72040 - Axuda alimentaria de emerxencia
Obxectivos: 

Xeral: Fortalecer a capacidade de resiliencia da poboación refuxiada en situación de maior vulnerabilidade proveniente de contextos en crises humanitarias en Adís Abeba, Etiopía.

Específico: Reducir a vulnerabilidade física e psicosocial da poboación refuxiada urbana e de acollida en situación de maior vulnerabilidade en Adís Abeba, Etiopía.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Incrementado o acceso a artigos e servizos de primeira necesidade para 1.600 (1.120M, 480H) persoas adultas e 400 (250 nenas e 150 nenos) menores de 18 anos da poboación refuxiada urbana e de acollida en situación de maior vulnerabilidade en Adís Abeba.

                A.1.1.1 Selección das persoas beneficiarias con criterios de vulnerabilidade

                A.1.1.2 Distribución de bens alimentarios de primeira necesidade para 1.000 (700 M, 300 H) persoas refuxiadas e da comunidade de acollida vulnerables e alimentos de alto valor nutritivo para 200 (100 nenas, 100 nenos) menores de 5 anos

                A.1.1.3 Distribución de artigos non alimentarios de primeira necesidade para 100 (70M, 30H) persoas refuxiadas e da comunidade de acollida vulnerables e kits de hixiene para 200 (150 nenas, 50 nenos)

                A.1.1.4 Distribución de efectivo para 500 (350M, 150H) persoas refuxiadas vulnerables para cubrir gastos básicos de atención médica, alugueiro ou taxas escolares

                A.1.1.5 Seguimento e visitas domiciliarias para as persoas que reciben artigos e servizos de primeira necesidade

RE 1.2 Mellorado o benestar psicosocial e a saúde mental de 250 (125M, 125H) persoas adultas e 50 (25M, 25H) mozos e mozas refuxiados e da comunidade de acollida en situación de maior vulnerabilidade. 

                A.1.2.1 Selección das persoas beneficiarias con criterios de vulnerabilidade

                A.1.2.2 Realización dunha formación para 50 (25M, 25H) adolescentes e mozos recentemente chegados sobre habilidades para a vida e capacidades de resiliencia para sobreelevar situacións difíciles creadas por crises humanitarias

                A.1.2.3 Prestación de servizos de apoio psicosocial para 250 (125M, 125H) persoas refuxiadas vulnerables mediante sesións de terapias individuais e grupais

                A.1.2.4 Seguimento e visitas domiciliarias para as persoas que reciben servizos de apoio psicosocial

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.800 persoas, das cales 755 son mulleres, 395 homes, 245 nenos e 405 nenas.

Indirecta: 4.300 persoas, das cales 2.800 son mulleres, 1.500 homes, 830 nenos e 120 nenas.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 74.299,99 €