Proxectos

Fortalecemento da seguridade alimentaria de 8 comunidades aymaras mediante a incorporación de innovacións agropecuarias economicamente accesibles ao pequeno produtor, a dinamización social dos grupos de mulleres e o maior consumo de alimentos nutritivos.

O proxecto impulsará o sector da produción agropecuaria de campesiños indíxenas aymaras baseado na introdución de innovacións técnicas e organizativas que eleven a produción agrícola en invernadoiros e a produción pecuaria de leite e derivados lácteos en 8 comunidades de 3 municipios do departamento da Paz, con equidade de xénero e impulsando a mellor nutrición das familias. O proxecto coordinará accións con 2 institucións estatais de alcance nacional: o INIAF (Instituto nacional de innovación agropecuaria e forestal), o CT-CONAN (Comité Técnico do Consello Nacional de Alimentación e Nutrición) e cos 3 consellos municipais para a alimentación e nutrición (COMAN).

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
BOLIVIA
Zona de actuación: 
La Paz (departamento)
Axentes: 
FUNDACIÓN CUME PARA EL DESARROLLO DE CULTURAS Y PUEBLOS
Contraparte: 

Asociación civil AYNI
 

Código CRS: 
52010 - Axuda alimentaria / Programas de seguridade alimentaria
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Fortalecemento da seguridade alimentaria de 8 comunidades aymaras da Paz mediante a incorporación de innovacións agropecuarias economicamente accesibles ao pequeno produtor, a dinamización social dos grupos de mulleres e o maior consumo de alimentos nutritivos.
Obxectivo específico: Fortalecemento sustentable da seguridade alimentaria de 8 comunidades aymaras, mediante a incorporación de tecnoloxía agropecuaria economicamente accesible ao pequeno produtor e a dinamización dos grupos de mulleres para a xestión de insumos agropecuarios, equipos e o maior consumo de alimentos nutritivos.
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Asociacións de produtores de hortalizas e leite e os Grupos de Mulleres empoderadas, fortalécense coa mellora sustentable da produción de hortalizas e de leite grazas á introdución de equipos e infraestrutura en eslavóns críticos da cadea, á súa vinculación con programas estatais que impulsan a produción agropecuaria, e á súa vinculación con servizos comerciais de apoio técnico.
Actividades
A.1.1: Compra de equipos produtivos
A.1.2: Entrega de equipos
A.1.3: Construción de heniles e entrega
A.1.4: Medición de alimento para o gando
A.1.5: Seguimento á produción de hortalizas
A.1.6: Seguimento á produción de leite
A.1.7: Entrevistas a mulleres sobre tempo dedicado á actividade agrícola

Resultado 1.2
: Grupos de Mulleres xestionan insumos e equipos produtivos, producen sosteniblemente alimentos nutritivos e promoven o seu consumo na súa familia, co apoio do programa estatal que impulsa a mellor nutrición.
Actividades
A.2.1: Talleres ditados polo CT-CONAN (5)
A.2.2: Asistencia técnica por parte do INIAF
A.2.3: Talleres sobre DDHH a mulleres (24)
A.2.4: Entrevistas a mulleres sobre coñecemento de DDHH
A.2.5: Talleres sobre preparación de alimentos (8)
A.2.6: Seguimento ao consumo de alimentos nas comunidades
A.2.7: Exposición de pratos
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: Familias beneficiarias directas son 86; cada familia conta con 5 membros. Fóra dos pais e nais, que son 172 persoas, os nenos e nenas representan 258 persoas.
Indirecta: 2.324 persoas (1.162 homes e nenos; 1.162 mulleres e nenas)
 
 

Axudas: 

67.942,00 € (2014)