Proxectos

Fortalecemento da seguridade alimentaria e nutricional da poboación vulnerable en comunidades rurais de Tacaná, San Marcos, Guatemala. Fase de seguimento.

O proxecto busca garantir o Dereito á Alimentación en Tacaná, Guatemala, onde a desnutrición crónica afecta ao 46,5 % dos nenos menores de 5 anos. Na súa primeira fase (2023), apoiada pola Xunta de Galicia, beneficiouse a 6.816 persoas, fortalecendo a produción de alimentos de subsistencia e mellorando os servizos de saúde locais. Na segunda fase, consolídanse os avances mediante a produción con excedentes, rego e recollemento de auga, pasando de 25 a 50 unidades produtivas e de 1 a 3 ciclos anuais. Reforzaranse os comités de vixilancia nutricional, formarase novo persoal de saúde comunitaria e ampliarase a cobertura a 800 familias. As institucións locais (Municipalidade, MSPAS, MAGA, COMUSAN e SESAN) coordinarán a continuidade do proxecto para asegurar a sustentabilidade alimentaria e nutricional das comunidades.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
San Marcos (departamento)
Tacaná (municipio)
Axentes: 
FUNDACIÓN FABRE
Contraparte: 

Fundación para el desarrollo de programas socioeconómicos FUNDAP

Código CRS: 
31161 - Produción alimentos agrícolas
Obxectivos: 

Xeral: Promover o dereito á alimentación para poñer fin á fame, lograr a seguridade alimentaria, mellorar a nutrición e fomentar a agricultura sostible no municipio de Tacaná, San Marcos, Guatemala (ODS 2).

Específico: Fortalecida a dispoñibilidade, acceso, utilización e sostibilidade dos alimentos para 560 fogares, compostos por 3.360 persoas indígenas (dous niveis de actuación) en 3 comunidades rurais de Tacaná, San Marcos, Guatemala.

 

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Reforzado o servizo de extensión agraria en coordinación con autoridades locais.
       A 1.1.1. Capacitación teórico-práctica a 200 fogares (60% mulleres) da primeira fase para mellorar a produción agropecuaria e o manexo postcosecha.
       A 1.1.2. Fortalecemento de 200 unidades de produción agropecuaria existentes (hortos e granxas) para mellorar e escalar a produción familiar.
       A 1.1.3. Acompañamento e asistencia técnica a 200 familias, incluíndo planificación e construción de infraestrutura produtiva para 25 familias.
       A 1.1.4. Dotación de materiais e construción de 25 sistemas integrais de produción agrícola: captación de augas + rego + invernadoiro.
       A 1.1.5. Curso de indución con metodoloxía Multiplicadores para 60 promotores/as formados/as na fase 1, asegurando calidade na extensión agropecuaria.
       A 1.1.6. Actividades complementarias cos 60 multiplicadores/as nos seus modelos de produción familiar.
       A 1.1.7. Extensión a 300 familias en inseguridade alimentaria, incluíndo dotación de insumos e acompañamento técnico durante un ciclo produtivo.
       A 1.1.8. Integración da rede de promotores e multiplicadores agropecuarios e coordinación con TR e TO.
       A 1.1.9. Rendición de contas, seguimento, monitorización e avaliación do resultado 1.

RE 1.2. Consolidado o sistema de saúde comunitario na atención da muller e infancia para asegurar a saúde nutricional.

A 1.2.1. Promoción, selección e conformación de grupos de Promotoras/es Voluntarias/os en Saúde (formación inicial e continua).
A 1.2.2. Formación integral a 80 axentes de saúde comunitaria (60 inicial, 20 continua), con énfase en prevención, nutrición, hixiene e autocuidado (120 h).
A 1.2.3. Acompañamento e monitorización ás/ós promotoras/es na execución de accións de saúde comunitaria a favor de 600 representantes de familia, incluíndo insumos e vinculación con servizos públicos de saúde.
A 1.2.4. Fortalecemento de 6 comités de vixilancia nutricional e 3 centros de saúde, e creación de 2 novos comités (inclúe equipamento).
A 1.2.5. Identificación comunitaria, cribados nutricionais e xornadas antropométricas para seguimento e control de casos seleccionados.
A 1.2.6. Control prenatal e antropométrico, dotación de suplementos a 20 mulleres xestantes e 80 nenos/as menores de 5 anos con desnutrición.
A 1.2.7. Capacitación, asesoramento e acompañamento nutricional de 100 casos detectados de infancia e nais xestantes con desnutrición.
A 1.2.8. Rendición de contas, seguimento, monitorización e avaliación do resultado 2.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 4959 (2579 mulleres/nenas, 2380 homes/nenos)

Indirecta: 4170 (2241 mulleres/nenas, 1929 homes/nenos)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

185.000,00 € (64.750,00 € no 2025 e 120.250,00 € no 2026)