Proxectos

Fortalecemento da soberanía alimentaria e do uso racional dos recursos naturais en 10 comunidades da microcunca Quebrada Gallardo, municipio de Namasigüe, departamento de Choluteca, Honduras. Fase 1

O proxecto localízase na microcunca da Quebrada Gallardo, no municipio de Namasigüe, departamento de Choluteca en Honduras. Con el preténdese contribuír a fortalecer a soberanía alimentaria e o uso racional dos recursos naturais no sur de Honduras, mediante o fortalecemento e a diversificación de sistemas de
produción.

Ano: 
2011
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HONDURAS
Zona de actuación: 
Marcovia (municipio)
Axentes: 
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
Contraparte: 

Comité para a Defensa e Desenvolvemento da Flora e Fauna do Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF)

Código CRS: 
41081 - Educación / formación medioambiental
43040 - Desenvolvemento rural
31120 - Desenvolvemento agrario
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Fortalecer a soberanía alimentaria e uso racional dos recursos naturais no sur de Honduras.
Obxectivo específico: Promover sistemas de produción sostible de alimento e o uso racional dos recursos
naturais na micro cunca da Quebrada Gallardo no municipio de Namasigue.

Resultados e actividades: 

- Elaboración de 150 microplans de manexo de finca.
- Introdución de cultivos non tradicionais nos hortos familiares (pepino, chile, zapayo, fríjol alacían, yuca, camote, culantro, millo doce e froiteiras).
- Sistemas de produción de grans básicos manexados con árbores de usos múltiples.
- Introdución de módulos de abonos orgánicos (composteiras, lombrihumus, bocashi).
- Produción de árbores froiteiras e de usos múltiples.
- Centro de acopio para o procesamento de produtos pesqueiros.
- Fortalecemento da comercialización de peixes.
- Prácticas e medidas de conservación do solo a nivel comunitario e familiar.
- Talleres de socialización do proxecto nas comunidades participantes.
- Campañas de sensibilización ambiental a través do teatro.
- Estudo multitemporal das concesións acuícolas.
- Formación de líderes e lideresas en xénero e masculinidade.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 150 familias distribuídas en 10 comunidades.
Indirecta: 7.010 persoas.
 

Axudas: 

97.490,00 € (2011: 34.121,50 € - 2012: 63.368,50 €)